A Xunta desmantela os Puntos de Atención Continuada

A Xunta desmantela os Puntos de Atención Continuada

A Xunta desmantela os Puntos de Atención Continuada

VacinaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao goberno galego de “desmantelar” os Puntos de Atención Continuada –PAC-, que teñen que ser atendidos polos concellos. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na que reclamou a posta en marcha de equipos de garda localizada para evitar a desatención médica nestes centros, que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista criticou o “desprezo mais absoluto” amosado polo PP á atención médica logo de negarse a garantir un servizo mínimo para os Puntos de Atención Continuada. Estes arrastran importantes deficiencias estruturais, limitacións nos recursos diagnósticos e son atendidos por persoal eventual contratado “de garda en garda”.

Estas carencias dificultan enormemente o traballo duns servizos que atenden a comarcas extensas con poboacións en ocasións moi envellecidas e que demandan atención urxente, ao que se une que o seu persoal en ocasións ten que sumarse á ambulancia do 061 no caso de emerxencias ou traslados. Esta situación deixa o servizo desatendido por canto “a maioría de PACs contan tan só cun médico e un enfermeiro.

De aí a necesidade, explicou Acuña, de contar cun equipo de garda localizada que permita cubrir a necesidade de atención da poboación no momento en que o equipo titular teña que abandonar o posto. Preguntoulles “qué van dicir cando unha noite teñamos un falecemento dunha persoa cunha emerxencia grave pola desatención no Punto de Atención Continuada”, e respondeu que “seguro que mirando para outro lado”.

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, dixo hoxe que a creación da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, anunciada polo goberno galego, supón “unha cacicada mais do PP”. Acuña reclamou na Comisión de Sanidade do Parlamento a retirada do decreto que “lonxe de solucionar a situación dos investigadores os exclúe”.

Acuña sinalou que “o único que regula é o nomeamento do seu director”, o que evidencia que “o único que busca é colocar a dedo aos amigos do PP mentres deixa fora aos investigadores e investigadoras”. Reclamou a retirada do borrador do decreto, actualmente en trámite, para comezar de novo a súa elaboración de acordo coa Mesa Sectorial e o persoal afectado.

Criticou que o texto, presentado “sen consensuar con ninguén”, elude regular as prazas ou os requisitos de acceso, e non considera a solvencia académica, profesional, técnica ou científica do persoal investigador público do Sergas. Supón un “fiasco” para os traballadores e traballadoras da investigación pública, e citou por exemplo aos 25 investigadores do Instituto Miguel Servet, en situación de eventuais “dende fai anos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar