A Xunta desampara ás mulleres ás que os maltratadores lles asasinaron a fillos ou fillas, familiares ou amigos

A Xunta desampara ás mulleres ás que os maltratadores lles asasinaron a fillos ou fillas, familiares ou amigos

A Xunta desampara ás mulleres ás que os maltratadores lles asasinaron a fillos ou fillas, familiares ou amigos

banner_campaña_violenciaA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou hoxe ao goberno galego de “desamparar” ás mulleres ás que os maltratadores lles asasinaron aos fillos e fillas, familiares ou amigos. No debate dunha pregunta oral no Pleno do Parlamento, lembrou que estas son tamén vítimas pero quedan desatendidas por unha “disfunción” nas leis.

Acuña reclamoulle ao goberno galego que adopte “medidas que minoren unha disfunción urxente e grave que non admite espera”, e lamentou que o conselleiro de Presidencia emprazara ao remate da Comisión de Igualdade do Parlamento. Replicoulle a Rueda que “non nos pida tempo porque as vítimas non o teñen”.

Sinalou que os maltratadores “non as mataron a elas, pero lles quitaron a vida igual” ao atacar “ao que mais queren, os seus fillos ou os seus familiares directos” co único obxecto de facerlles dano. Esta circunstancia non é suficiente, sen embargo, para ser consideradas vítimas de violencia de xénero e ter acceso ao amparo da administración pública.

Lamentou a negativa do PP a esta proposta cando foi presentada no Parlamento alegando que “non queda tempo” cando, lembrou, “si que tiveron tempo para reformar a Lei do Aborto, deixando ás mulleres mais novas e embarazadas, as mais vulnerables, nas mans de pais maltratadores ou mesmo de pais violadores”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar