A Xunta demóstrase "incapaz" de defender as competencias vulneradas pola reforma da administración local

A Xunta demóstrase "incapaz" de defender as competencias vulneradas pola reforma da administración local

A Xunta demóstrase "incapaz" de defender as competencias vulneradas pola reforma da administración local

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, lamentou a “incapacidade” amosada polo goberno galego para defender as competencias exclusivas de Galicia que vulnera a reforma da Lei de administración local posta en marcha por Rajoy.

Nunha pregunta oral na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia debatida hoxe, a responsable socialista explicou que esta norma vulnera o artigo 27 do Estatuto de Autonomía de Galicia, que enumera as competencias exclusivas de Galicia e derroga a Lei de Servizos Sociais de Galicia de 2008.

Ademais, sinalou que “limita as competencias dos concellos en materia de servizos sociais á avaliación da necesidade social e atención inmediata de persoas en risco de exclusión. En definitiva, reduce drasticamente os servizos autonómicos e municipais, favorece a iniciativa económica privada, a subrogación e privatización, o despido de traballadores e a redución da carteira de servizos”.

Gallego sinalou que diante do desleixo do goberno galego, serán os socialistas os que presenten a nivel estatal un recurso de inconstitucionalidade contra esta Lei que actualmente está pendente de ser enviada ao Consello de Estado, antes de comezar o debate no Congreso.

Beneficencia

A responsable socialista acusou ao PP de “pretender que as necesidades sociais sexan cubertas polos familiares, volvendo a tempos pretéritos en que esa era unha función asignada ás mulleres”. En definitiva, dixo, queren impoñer un estado “asistencial que ofrece beneficencia en lugar duns dereitos sociais” que son “conculcados” para garantir a privatización de servizos e unha administración “mais propia do século XIX que do XXI”.

Acusou ao PP de sustentar esta reforma sobre o “principio falso” do déficit dos concellos, cando só teñen un 4,1 por cento da débeda total das administracións públicas, mentres a maior cantidade corresponde a concellos grandes como Madrid, “que non goberna precisamente o PSOE”.

Criticou que o presidente da Xunta teña anunciado a súa oposición a esta norma cunhas declaracións “que se desdín nas votacións”, e acusouno de amparar o desmantelamento dos servizos sociais “recortando 283 millóns de euros en política de promoción social” por moito que “presuma” de aprobar orzamentos “supostamente sociais”

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar