A Xunta demanda a Bruxelas a defensa que ela lle nega ao lácteo

A Xunta demanda a Bruxelas a defensa que ela lle nega ao lácteo

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, criticou hoxe a mensaxe que levou a conselleira do Medio Rural na súa visita a Bruxelas. Para o responsable socialista, é “ridículo” que demande da UE unha regulación do lácteo, precisamente “os deberes que a Xunta é incapaz de facer en Galicia”.

O responsable socialista apunta que a principal conclusión desta visita é precisamente que “a conselleira foi a Europa a admitir a súa propia incapacidade para resolver os problemas do sector lácteo e a súa inhibición fronte a Europa”. A Xunta admite agora pola vía dos feitos, dixo, “as reclamación que os socialistas galegos, conxuntamente con todo o sector, viñamos trasladando nos últimos dous anos”.

Advertiu que “para acadar que cando menos te escoiten, Europa demanda como mínimo ir cos deberes feitos, e non presentarse como un goberno que leva sete anos en branco”. Explicou que a Xunta e o PP “nunca foron quén de admitir que a desaparición do sistema de cotas e o escenario internacional ía producir un colapso do sistema que, de non tomar medidas de contrapeso, os galegos seríamos os primeiros en pagar”.

Lembra que o Goberno consideraba “catastrofistas” aos socialistas galegos, nunha situación que “de non ser tan grave ata resultaría gracioso que o liderado de Galicia no sector lácteo a nivel estatal, que sempre reclamamos e que sempre negou a Xunta, agora o vaia reclamar a conselleira diante de Bruxelas”.

Pablo García engade que “España, e polo tanto Galicia, por ser un mercado deficitario, debera ter mecanismos de protección diante da situación de excedentes europeos, para o que debera liderar unha estratexia nacional, e non ir a reclamar a Europa”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar