A Xunta deixou sen gastar 34 millóns do programa da UE para emprego

A Xunta deixou sen gastar 34 millóns do programa da UE para emprego

A Xunta deixou sen gastar 34 millóns do programa da UE para emprego

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe a “xestión pouco dilixente” por parte do goberno de Feijóo das partidas da UE para emprego xuvenil, das que só gastou 5 dos 39 millóns dispoñibles entre 2014 ata 2017. Na sesión de control ao goberno responsabilizou a Feijóo do “balance desolador” da súa xestión para a xuventude.

Dende a súa chegada ao goberno, dixo, Galicia perdeu 102.000 persoas de entre 16 e 29 anos pola natalidade e o saldo migratorio, e os que quedaron levan a peor parte efectos da crise, con 85.000 ocupados menos e emprego de menor calidade. A mocidade, resumiu “sufre de forma máis intensa o axuste económico”, cunha situación que só chega a estabilizarse –nunca a mellorar- cando comeza a recuperación económica.

Fernández Leiceaga espetoulle a Feijóo que “a responsabilidade é do seu Goberno e tamén súa se persiste en manter as políticas e ás persoas que nos levaron a esta situación”, na que “perdemos 100.000 mozos e mozas mentres aumenta o desemprego, o que da idea da magnitude do problema”. Este agrávase cao emigración xuvenil, que hoxe Feijóo recoñeceu ao situar entre 10 e 12.000 mozos ao ano.

Programa de Garantía Xuvenil

Mentres, dixo, o goberno galego só atende a 16.000 das 80.000 persoas supostamente beneficiarias do Programa de Garantía Xuvenil financiado pola UE entre 2014 e 2015 e ampliado ata 2017. A primeira avaliación do dito programa, dixo, ofrece uns indicadores “moi pobres”, que revelan a escasa dilixencia do goberno galego, que só utilizou 5 dos 39 millóns previstos.

A liquidación de ingresos ate setembro de 2016, explicou, indica que Galicia “ten como dereitos recoñecidos neste punto 0, o que supón un problema” a once meses do peche do programa, en decembro de 2017. Lamentou o desleixo do goberno galego fronte á situación laboral da mocidade, cando o 15,82 por cento dos empregos son parciais, un 32 por cento no caso das mulleres, e dous terzos dos empregos de menores de 30 anos son temporais.

A recuperación económica, dixo, “non ofrece ocupación abondo, limitada a traballos temporais ou parciais” e os indicadores son “remisos a mellorar pese a que cada vez hai menos mozos e mozas”. Advertiu do efecto perverso desta situación sobre a taxa de natalidade, e preguntou “quén vai ter fillos nestas condicións, sendo a terceira Autonomía con menor capacidade adquisitiva e a taxa de pobreza xuvenil no 37,2 por cento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar