A Xunta deixou sen executa 1.000 millóns de euros de orzamento en 2012

A Xunta deixou sen executa 1.000 millóns de euros de orzamento en 2012

A Xunta deixou sen executa 1.000 millóns de euros de orzamento en 2012

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou a “ineficiencia e irresponsabilidade” amosada pola Xunta ao deixar sen executar 1.000 millóns de euros de investimentos e transferencias no seu orzamento de 2012. Méndez Romeu advertiu que, no momento mais duro, Feijóo “renuncia a utilizar o orzamento da Xunta para loitar contra a crise”.

O responsable socialista explicou que, do total de gasto recoñecido pola Xunta, a menor execución corresponde a investimentos reais e transferencias de capital, precisamente o gasto produtivo que permitiría relanzar a economía e crear emprego. 1.000 millóns de euros permitirían crear en torno a 25.000 novos empregos nunha economía que ten destruído xa 8.000 postos de traballo só no sector naval.

Criticou que o goberno galego tan só execute a totalidade do orzamento en “gastos meramente burocráticos” como salarios e bens correntes, mentres a Consellería de Industria só executou o 50 por cento do seu orzamento. Seguindo este mesmo esquema, o Igape só executou o 32 por cento do orzamento, co que “deixan sen actividade ás dúas entidades do goberno galego responsables directas de loitar contra a crise”.

O responsable socialista puntualizou que as consellerías de Infraestruturas e Medio Rural deixaron sen executar o 25 por cento do orzamento co que, xunto con Economía e Industria, son as tres con menos nivel de execución orzamentaria do goberno galego. Advertiu da gravidade de que precisamente sexan os departamentos responsables do gasto produtivo os que mais orzamento deixan sen aplicar.

Ademais, lembrou que os principais contratos corresponderon á Axencia de Modernización Amtega e ao centro informático de administración tributaria Cixtec, con gastos administrativos “que non redundan en favor dos cidadáns” para dous organismos “opacos que non favorecen a empresas galegas ao impulsar a externalización de servizos”.

Dixo que os xenerosos contratos con estes entes contrastan con que a Axencia Galega de Infraestruturas só teña investidos 5,6 millóns de euros en obra pública no ano 2013. Mentres, en 2012 a contratación de obra pública da Xunta só acadou os 85 millóns de euros de acordo coa patronal de infraestruturas, o que evidencia que “a Xunta renuncia a utilizar a obra pública como ferramenta contra a crise”.

Sergas

O parlamentario socialista presentou unha serie de contratos adxudicados polo Sergas nos que deliberadamente excluíu ás empresas galegas ao agrupar obxectos diversos nuns concursos aos que as entidades autóctonas non poden aspirar. Así, salientou o contrato do subministro de enerxía para o Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol por 18 millóns de euros con condicións imposibles para empresas autóctonas co resultado de que “foi entregado a unha UTE, co que ningunha empresa galega foi adxudicataria”.

O goberno galego seguiu o mesmo proceso na contratación dos servizos de mantemento, de limpeza, seguridade e subministro enerxético para o Hospital de Ourense por 150 millóns de euros, pendente de adxudicación, previsiblemente a empresas alleas.

Deslocalización

Mentres, o goberno galego permite o “desmantelamento sistemático de servizos e a deslocalización” cando empresas adxudicatarias do sector eólico manteñen as súas adxudicacións mentres deslocalizan a produción ao levala fora de Galicia. lembrou que o Goberno galego, como contratista, ten a capacidade de esixir o retorno dos contratos e reclamar o investimento e a creación de empregos en Galicia.

Subliñou os casos de Gas Natural, que ven de pechar os servizos de atención ao cliente en Galicia para levalos a Barcelona, mentres Acciona pecha o seu centro de control en Galicia. Méndez Romeu presentou unha serie de iniciativas parlamentarias sobre esta situación, que ten como resultado o peche de outras empresas como T-Solar ou Gamesa.

Criticou que o Goberno galego permaneza “mudo” mentres incumpre os seus compromisos cos contratos para Navantia, a construción do dique flotante, a construción de buques para Pemex ou o tax lease, co que “antes de que se cumpra un ano das eleccións, a Xunta evidencia boa cantidade de promesas incumpridas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar