A Xunta deixou 992 millóns de euros de investimento sen executar en 2014

A Xunta deixou 992 millóns de euros de investimento sen executar en 2014

A Xunta deixou 992 millóns de euros de investimento sen executar en 2014

Juan Carlos González SantínO portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, cualificou de “desastroso e penoso” que a Xunta deixara sen executar un total de 992 millóns de euros do total de 1.671 de que dispoñía para dedicar a investimentos durante 2014. O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Economía para aumentar a execución orzamentaria, que foi rexeitada polo PP.

González Santín criticou a “xestión nefasta” de Feijóo, que leva a execución orzamentaria a “mínimos históricos”. Mentres hai mais de 672.000 galegos e galegas en risco de pobreza e a taxa de paro supera o 20 por cento, dixo, a Xunta só executa o 40,65 por cento do seu presuposto, un 22 por cento menos que a media do 51,84 por cento do Estado.

O deputado socialista advertiu que as únicas explicacións posibles a esta situación corresponden a unha “mala xestión da Xunta na planificación ou na xestión de fondos públicos ou unha estratexia deliberada para cadrar o déficit. En calquera caso, explicou, “de nada serve que pinten no papel dos orzamentos unhas cifras que despois non se ven reflectidas na realidade”.

Explicou así que o goberno galego só executou o 49 por cento das partidas de fomento da empregabilidade, ou o 44,23 por cento das destinadas á mellora da cualificación dos traballadores, o que evidencia que a Feijóo “non lle importa fomentar que a xente traballe”. Así mesmo, só executou o 40,64 por cento das partidas para administración local.

Dentro do apartado de acción social, a Xunta só executou o 51,19 por cento do investimento previsto para apoio á conciliación da vida familiar e laboral, ou o 55,27 por cento das partidas para igualdade e promoción da muller. En materia de vivenda, por exemplo, “non fixeron absolutamente nada”, cunha execución do 1,31 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar