A Xunta deixa sen responder 3 de cada 5 solicitudes de documentación presentadas polos socialistas

A Xunta deixa sen responder 3 de cada 5 solicitudes de documentación presentadas polos socialistas

A Xunta deixa sen responder 3 de cada 5 solicitudes de documentación presentadas polos socialistas

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou que a Xunta teña deixado sen responder 3 de cada 5 solicitudes formais de documentación, só 82 dun total de 206 tramitadas polo grupo socialista. Así o dixo no balance do período de sesións, no que acusou ao goberno galego de impor un “silencio intolerable e ilegal” xa que está obrigado a responder a estas iniciativas en 30 días.

Losada denunciou que o goberno galego escureceu todos aqueles requirimentos de información relativa ao sector naval, á enerxía e o eólico, o I+D e política universitaria, o Igape, ou o Plan de Endebedamento, en materia económica. Mentres, en materia de políticas públicas, o goberno de Feijóo elude responder tamén sobre o emprego público e plan de endebedamento e as infraestruturas sanitarias e servizos sociais.

O responsable socialista dixo que estas materias seguen o mesmo camiño de escurantismo e ocultación de información que están a seguir os contratos do goberno galego coas empresas do narcotraficante amigo de Feijóo, Marcial Dorado, que seguen sen ser enviados ao Parlamento.

Abel Losada criticou que o Grupo Popular “predique” unha suposta “busca de consenso cos grupos da oposición” cando a realidade é que as iniciativas aprobadas se limitan ao 5 por cento das presentadas polos socialistas galegos. Dixo que este “consenso do 5 por cento” supón que só aprobaron unha Proposición non de Lei das 23 presentadas polos socialistas e unha moción das 15 que foron debatidas por este Grupo.

Menos da metade dos votos

O parlamentario socialista denunciou así a “utilización partidaria da maioría absoluta que, aínda que lexítima, supón que o PP goberna con menos da metade dos votos dos galegos e das galegas”. Fixo alusión así a que nas pasadas eleccións Feijóo obtivo maioría absoluta co 45 por cento dos sufraxios emitidos e 16.000 votos mais que a suma dos dos grupos da oposición con representación parlamentaria.

Losada cualificou hoxe á presidenta do Parlamento en ao portavoz do Grupo Popular de “quintacolumnistas” que “menoscaban o papel do Parlamento” secundando a estratexia do goberno de facer da Cámara “un teatro, un plató de televisión dende o que lanzar mensaxes sen que haxa debate cos grupos da oposición” e impoñer o “rodillo” parlamentario para dificultar o papel da oposición.

O responsable socialista lembroulle a Feijóo que Galicia non ten un réxime presidencialista e que, como presidente do goberno galego, depende do Parlamento e “ten que dar conta diante do conxunto do Parlamento”. Afeoulle que goberne “ignorando á metade da poboación” e esixiu que mude a súa actitude “intolerable” por “hixiene democrática e respecto” á institución que o elixiu como presidente de Galicia.

Enganar á cidadanía

O parlamentario socialista acusou hoxe ao goberno galego de “enganar deliberadamente á cidadanía” para aferrarse ao discurso do déficit cero de Feijóo que en realidade está afundindo a economía galega ao tempo que dinamita os servizos sociais que constitúen o núcleo do Estado do Benestar.

Losada dixo que “o tamaño da mentira do PP” pasa pola previsión, que ofreceron no momento de aprobar os orzamentos, de que a recadación por ingresos fiscais medraría o 1,8 por cento, cando a realidade, coñecida hoxe, é que esta recadación caeu ata mais do 11,3 por cento. Dixo que esta é a consecuencia do “optimismo enfermizo” á hora de presentar un “cadro macroeconómico errado” por parte do goberno galego.

Denunciou que, para acadar este resultado “lamentable”, o goberno galego adopta a estratexia “suicida” nun contexto de crise de reducir o gasto social que leva á xubilación masiva de médicos, ata 300 de acordo coas estimacións publicadas hoxe por un medio de comunicación vigués, cunha taxa de reposición de só o 10 por cento, o que supón que só son cubertas 1 de cada 10 vacantes.

Losada denunciou que o goberno galego está a desenvolver así “unha estratexia económica absolutamente equivocada que produce resultados dramáticos”, para o que “menten escandalosamente á cidadanía”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar