A Xunta deixa sen pagar ás farmacias nos últimos dous meses do ano para "trampear" o déficit

A Xunta deixa sen pagar ás farmacias nos últimos dous meses do ano para "trampear" o déficit

A Xunta deixa sen pagar ás farmacias nos últimos dous meses do ano para "trampear" o déficit

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, acusou á Xunta de desprazar mais de 15 millóns de euros da factura farmacéutica nos ultimos meses ao ano seguinte para “trampear o déficit” de 2012. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Sanidade no Pleno do Parlamento para dar conta do suposto aforro farmacéutico en Galicia.

A responsable socialista criticou o “cinismo político” demostrado polo goberno galego ao presumir de aforro cando a realidade é que deixaron sen pagar mais 15 millóns de euros ás farmacias en 2012 que tiveron que asumir no primeiro trimestre de 2013. Acusou á conselleira de “facer trampa, non pagaron para que non contabilizara ese gasto e así axudar a cadrar o déficit”.

Acuña acusou ao goberno galego de “cadrar as contas a costa de que paguen os doentes”, xa que a esa debeda hai que sumarlles os mais de dous millóns de euros que deixou de pagar o goberno pero que “os pagaron os enfermos co copago”. Ademais, doutros dos millóns de euros, dixo, que“foron pagados tamén polos doentes polos fármacos que vostedes retiraron do financiamento público”.

Advertiu ademais que esta política está a provocar que entre un 10 e un 20 por cento dos medicamentos prescritos polos médicos “non son tomadas por non poder pagalas”, con “moitas persoas que están a abandonar os tratamentos por non ter cartos”. Sinala que “as farmacias advirten que se abandona a prevención, a xente leva o medicamento para a dor pero deixa a da tensión, ou o do colesterol porque non se nota”.

Explicou a “trampa” que agochaba o presidente da Xunta cando anunciou que o copago eran “8 euritos” pero “non dixo que a eses terían que engadirlle o prezo dos fármacos e dos produtos sanitarios que ían quedar excluídos do financiamento público”. A realidade foi que, dixo, os 8 euros “transformáronse en 70, 80, ou moito mais dependendo da situación do doente”.

Aumento de prezo

Ademais, acusou á Xunta de deixar descontrolados os prezos dos fármacos que foron excluídos o sistema público pero seguiron sendo prescritos polos médicos, que pasaron a custar “tres, catro, cinco e ata seis veces mais”. Esixiulle ao goberno galego que explique “cómo se entende que as farmacias teñan distintos prezos para o mesmo fármaco segundo o día, o lugar ou segundo pague a administración ou o doente”.

A responsable socialista anunciou, coincidindo co Día Internacional da Saúde da Muller, que “hoxe, un dispositivo anticonceptivo intravaxinal custa en Galicia o dobre ou o tripla que en Portugal”. Criticou que mentres un pensionista ingresado nunha residencia “pública ou privada” non ten que asumir o custe do copago pero “o que estea na casa si”, ou que “ao da residencia se lle financie o mucolítico ou o laxante e ao da casa non”.

Cataloguiño

Acuña criticou tamén o “cinismo político” do goberno galego de “vir a falar do suposto aforro conseguido coa Lei do cataloguiño de medicamentos cando a realidade é que non se está a aplicar” polas medidas de aforro no gasto farmacéutico impostas dende o estado.

Reclamoulle ao goberno galego “desculpas polo lío que montaron nas farmacias e entre os doentes para implantar a cachón un catálogo de dubidosa constitucionalidade e nula utilidade que tan só estivo vixente uns meses”. Ademais, dixo, hoxe continúan prescribindo xenéricos “aínda que o fármaco de marca sexa mais barato” o que “non sucedería si se fixeran receitas por principio activo”, como defenderon os socialistas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar