A Xunta deixa morrer ás persoas na lista de espera sen recibir a atención á Dependencia que teñen recoñecida

A Xunta deixa morrer ás persoas na lista de espera sen recibir a atención á Dependencia que teñen recoñecida

A Xunta deixa morrer ás persoas na lista de espera sen recibir a atención á Dependencia que teñen recoñecida

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou hoxe á Xunta de deixar que 7.000 galegos e galegas teñan falecido dende o ano 2012 sen percibir a atención á Dependencia malia tela recoñecido. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión na que acusou a Feijóo de “deixar que as persoas morran na lista de espera”.

Gallego advertiu dunha “estratexia deliberada para desincentivar a demanda” de prestacións de Dependencia en Galicia, xa que malia ser unha das que teñen a poboación mais envellecida, as solicitudes destas axudas son inferiores á media estatal. O motivo radica en que o gasto público por habitante está un 90 por cento por debaixo da media, sendo a terceira autonomía que menos gasta e a cuarta con maior lista de espera.

Dixo que estes datos “non teñen nada que ver coa casualidade”, xa que Galicia destina 88,67 euros por habitante en materia de dependencia, fronte aos 104,5 da media estatal, mentres o goberno galego renuncia a facer seguimento da atención á dependencia. Criticou que a Xunta eludira as preguntas presentadas hoxe e advertiu que renuncia a facer un seguimento da aplicación da Dependencia para que non se coñeza a realidade.

Gallego acusou a Feijóo de agochar o desmantelamento da Lei da Dependencia en Galicia, e engadiu que “con esta situación non é de estrañar que a cualificación que nos dan os expertos en política social sexa a dunha atención irrelevante”.

Lembrou que hoxe aínda hai 16.000 persoas na lista de espera co dereito recoñecido pero sen percibir as axudas, e advertiu que o goberno galego quere provocar a redución de persoas que perciben a prestación.

A explicación, dixo, “non é outra que non incorporen aos dependentes na lista de espera porque non destinan recursos económicos, e cando o goberno central sisoulle a Galicia 84,4 millóns de euros non dixeron nin chío”. Sinalou que ao contrario que outras autonomías, que suplen os recortes aplicados polo Goberno, a Xunta “traslada os recortes de Rajoy directamente ás persoas usuarias”.

Valedor

Carmen Gallego emprazou ao goberno galego a buscar as respostas a esta situación no último informe do Valedor, que advirte de demoras de entre ano e medio e dous anos nas citas para a valoración da dependencia, como sucede na Oficina de Valoración de Pontevedra. Ademais, a redución de persoal está a provocar atrasos inxustificados de ata tres anos no envío das valoracións, que chegan “xa caducadas ou a punto de facelo”.

Ademais, o propio Valedor apunta do impacto da privatización do servizo de citas, que agora se dan por teléfono en datas e horarios “moitas veces inapropiados”, sen que se teñan atendido ademais as numerosas deficiencias que acumula o servizo de citas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar