A Xunta desampara a 6.000 persoas en risco de exclusión cos recortes en servizos públicos

A Xunta desampara a 6.000 persoas en risco de exclusión cos recortes en servizos públicos

A Xunta desampara a 6.000 persoas en risco de exclusión cos recortes en servizos públicos

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, acusou á Xunta de deixar “desamparadas” a 6.000 persoas en risco de exclusión social en Galicia e provocar unha “fenda social” cos 600.000 galegos e galegas en situación de pobreza. Así o dixo no debate dunha iniciativa socialista para garantir o Risga e recuperar os equipos de Inclusión Social nas grandes cidades.

Sestayo cualificou de “dramático” que o Goberno galego teña destruído os Equipos de Inclusión Social das grandes cidades e no Consorcio das Mariñas, deixando “en situación de desamparo” ás persoas en risco de exclusión social. Así mesmo, criticou que mentres o PP anuncia un aumento do 3 por cento no Risga os demandantes duplícanse, co que “hai un certo desaxuste”.

A responsable socialista denunciou que o goberno de Feijóo “teña recortado catro veces máis en gasto social que no resto das partidas”. Explicou que mentres os demandantes de servizos públicos aumentan nun cen por cen mentres Feijóo “recorta un 50 por cento as políticas de atención á pobreza”, e engadiu que teñan recortado nun 80 por cento de media as partidas para o Plan Concertado de servizos sociais dos concellos.

Os socialistas reclamaron hoxe, nunha iniciativa que será votada mañá, que o Goberno galego “adopte urxentemente as medidas axeitadas para que as persoas con dereito a percibir o Risga o perciban de inmediato” e lembrou a emenda socialista aos orzamentos par aumentar esta partida en 18 millóns de euros. Tamén reclamou “implantar de novo os equipos de Inclusión Social nas grandes cidades e no Consorcio das Mariñas.

Dereitos humanos
A parlamentaria socialista acusou ao goberno galego de “cuestionar os dereitos recollidos na Declaración Universal dos Dereitos Humanos” para os galegos e as galegas, logo de que o pasado sábado se celebrara o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Aludiu así ao artigo 25, que garante o dereito a un nivel de vida axeitado, saúde e benestar, alimentación, vestido, vivenda, asistencia médica e servizos sociais.

Acusou ao PP de “vulnerar claramente os dereitos á asistencia sanitaria” coas últimas decisións da Consellería de Sanidade de cobrar pola tarxeta sanitaria e de impedir o acceso universal á sanidade para os non residentes en Galicia”. Dixo que “removen” as garantías de asistencia social igualitaria e mesmo “boicotean as oficinas de inmigración” municipais, reducen o Plan Concertado ou destrúen os equipos de inclusión.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar