A Xunta deixa aos gandeiros desprotexidos fronte á industria

A Xunta deixa aos gandeiros desprotexidos fronte á industria

A Xunta deixa aos gandeiros desprotexidos fronte á industria

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, acusou hoxe ao Goberno galego de deixar aos produtores galegos de leite desprotexidos fronte á industria. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Agricultura no Pleno do Parlamento para presentar un Plan de fortalecemento do sector lácteo “sen credibilidade nin tempo para poñelo en marcha”.

O responsable socialista puxo en cuestión a eficacia deste Plan cando “nin sequera a administración autonómica cumpre co pactado” e logo de que “perderan todo o tempo que había que perder, marearan tódalas perdices que había por marear e fracasaran en todo o que había que fracasar”.

García criticou a “cara” demostrada polo Goberno galego para admitir que as medidas anunciadas para o sector lácteo “non están funcionando” e a continuación “quedar tan tranquilos”. Lembrou as advertencias dos socialistas galegos, o peche de explotacións en cascada e as mobilizacións ás que o goberno galego “fixo caso omiso” para despois recoñecer o seu fracaso e anunciar “un Plan”.

Acusounos de deixar ás explotacións galegas á intemperie fronte a unha industria “cuxa única estratexia comercial está baseada en comprar leite barato ao produtor” e que abusa da súa posición dominante para ameazar con non recoller o leite e obrigar a baixar o prezo a 18 céntimos por litro.

Levarnos ben

Advertiu da inutilidade da proposta do goberno galego “baseada en sentarnos a unha mesa e levarnos ben” cando, dixo, a única forma de que funcione reside en impoñer “medidas efectivas, obrigatoriedade e sancións”. Resumiu que “nos levaremos ben cunha posición dominante da industria será eficaz na medida en que levarnos mal custe diñeiro”.

Reclamou a incorporación de medidas eficaces destinadas a protexer a produción, garantir as condicións de comercialización e a industrialización do sector do leite, mentrs o goberno galego “só sabe falar da redución de explotacións”. Lembrou que “hai 30 anos eramos 60.000 explotacións, hoxe somos 9.000 e nunca nos foi peor”.

Pablo García instou ao goberno galego a tomar a iniciativa e comezar a aplicar medidas destinadas a facer valer o peso da produción de leite de Galicia a nivel nacional e acusounos de “agardar a que veña alguén a arreglarnos o problema”.

Criticou que “seguen fiando a súa estratexia a agardar a conxunturas mellores” mentres deixan esmorecer ao leite galego e obrigan a reducir a produción “mentres outras autonomías con mellores prezos están mellorando a produción”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar