A Xunta deixa a imaxe de Galicia no vertedoiro

A Xunta deixa a imaxe de Galicia no vertedoiro

A Xunta deixa a imaxe de Galicia no vertedoiro

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, acusou hoxe ao goberno galego de “deixar a imaxe dun goberno democrático tirada no vertedoiro” ao negarse a responder das graves acusacións da adxudicataria da mina de Corcoesto. Soneira presentou unha pregunta oral na que reclamou unha explicación das acusacións de “chantaxe” contra a empresa.

A deputada socialista levou á Comisión Institucional do Parlamento as graves acusacións de George Salamis, o responsable da empresa canadiense Edgewater, responsable da empresa Mineira de Corcoesto, sobre unha suposta “chantaxe” por parte de “amigos” do presidente da Xunta para desbloquear o proxecto. Soneira lembrou que a Xunta “pasou sorprendentemente de dar o seu apoio entusiasta a rexeitar enerxicamente o proxecto”.

Acusou ao goberno galego de “xogar alegremente coa credibilidade do goberno democrático dun país”, que queda “á altura dunha república bananeira”, e preguntoulle á Xunta se “estamos gobernados por iresponsables”.

Soneira criticou a falla de resposta por parte do goberno galego, hoxe en Comisión, xa que “eludiu dar conta” da existencia da dita chantaxe e da presenza de supostos intermediarios ofrecéndose a desbloquear o proxecto a cambio dos seus intereses particulares.

Á medida

Lembra que a empresa tamén está acusando ao goberno galego de ter modificado a lexislación á medida para ir contra eles, mentres “un director dun medio nacional séntase nunha mesa con esta empresa para ofrecerlles un socio instrumental que avale o seu investimento”. Aludiu tamén ao “ruxe ruxe” de que “aparentemente un importante clúster en Galicia ofreceuse a tomar parte do accionariado para facilitar as autorizacións”.

Soneira advirte que as acusacións vertidas polo responsable da empresa canadiense “deberan ter en cinco minutos a resposta da Xunta levándoa diante dos tribunais”, xa que se trata de “algo que non se pode tolerar salvo que o Goberno non poida levalo aos tribunais”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar