A Xunta defende a industria e distribuidoras fronte aos produtores de leite

A Xunta defende a industria e distribuidoras fronte aos produtores de leite

A Xunta defende a industria e distribuidoras fronte aos produtores de leite

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, esixiu hoxe o cese fulminante da directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, logo de que esta responsabilizara no Parlamento ás dúas organizacións de produtores de leite –OPL- de Galicia da falla de contratos coa industria.

O responsable socialista presentou hoxe unha pregunta oral na Comisión de Agricultura sobre o desleixo do goberno galego diante da desaparición do sistema de cotas para os produtores de leite europeos, o próximo 1 de abril. García censurou que a Xunta fixera “nada” logo de 3 anos co paquete lácteo enriba da mesa para garantir a adaptación ao novo modelo.

O deputado socialista considera “moi grave” que o goberno galego responsabilice ás dúas OPL galegas –Ulega e Aprolac- de renunciar a negociar os contratos do leite cando “teoricamente a Xunta é a máxima responsable que ten que arranxar a situación do sector lácteo”. Lembrou que a sinatura de contratos estables dunha duración mínima dun ano era un dos requisitos do paquete lácteo, incumprido pola industria e o goberno.

García advertiu que “a día de hoxe, a mes e medio da desaparición do sistema de cotas, aínda non sabemos qué pensa facer a Xunta para aplicar o paquete lácteo”, especialmente logo de que o goberno central veña de modificalo. Lembrou que logo de 3 anos, a Xunta incumpriu as recomendacións de regular a figura do mediador, non garante a recollida en prazo nin a duración mínima dos contratos.

Acusou ao goberno galego de antepoñer os intereses de distribuidoras e industria fronte aos produtores, cando a realidade é que “non temos peso” que xustifique esta posición, sen grandes cadeas nin industrias, pero “si que temos todo o peso específico no sector produtivo”, sendo Galicia a primeira produtora de leite do Estado.

Aludiu así a que todo o traballo feito polo goberno galego foi arrogarse a suba dos prezos do leite cando o contexto era favorable, renunciando a implantar os contratos de media e longa duración para preparar ao sector para o momento de baixa, obrigar aos gandeiros a sacrificar reses, renunciar a producir e comprar cota para sortear unha suposta supertaxa, debilitándoos de cara ao cambio de modelo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar