A Xunta debe retirar o Programa de xestión de residuos da construción

A Xunta debe retirar o Programa de xestión de residuos da construción

A Xunta debe retirar o Programa de xestión de residuos da construción

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, reclamou a retirada do Programa de Xestión de Residuos da Xunta 2013-2016 e a súa reelaboración polas súas graves inexactitudes. Nas alegacións presentadas na Consellería de Obras Públicas, advirte que o Programa carece ademais de Plan de investimentos e consolida novos compromisos para os concellos sen incorporar os fondos necesarios.

A responsable socialista advirte das graves “imprecisións e inexactitudes” do documento, que incorpora estimacións de produción de residuos “tremendamente incertas e desfasadas”, o que provoca serias dúbidas sobre a súa viabilidade.

Ademais, sinalou que “non contén un imprescindible plan de investimentos” para que desenvolva o goberno galego, que “elude comprometer calquera aproximación financeira mínima das accións a executar durante a súa vixencia”. Critica que, ademais, afirma que as iniciativas privadas se deben antepoñer ao investimento público para a construción de novas infraestruturas, o que resulta “moi dubidoso e non pode ser compartido”.

Apunta que tamén carece do obrigado informe de sustentabilidade, e simplemente “anuncia ou recomenda” un modelo de boas prácticas para o tratamento de residuos contaminantes e perigosos, o que “non é suficiente” xa que “debera contemplar a súa posta en marcha efectiva”.

Finalmente, explicou que o Programa elaborado polo goberno galego traslada o custe e compromisos ás entidades locais, ás que obriga a constituír unha “inédita fianza para o outorgamento de licencias”. Esta circunstancia supón, explica, “un incremento das funcións dos concellos sen proceder a dotalos dos recursos necesarios” para executalas.

Por estes motivos, a parlamentaria socialista reclama que a Xunta refaga o devandito Programa de xestión de residuos da construción e demolición de Galicia 2013-2016 e “non se proceda á súa aprobación coas formulacións actuais, incluíndo un novo proceso de información pública que conteña a necesaria documentación de que carece”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar