A Xunta debe restituír 5 anos de recortes nos servizos sociais dos concellos

A Xunta debe restituír 5 anos de recortes nos servizos sociais dos concellos

A Xunta debe restituír 5 anos de recortes nos servizos sociais dos concellos

DependenciaA portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, reclamoulle ao goberno galego que “desande o camiño andado, aposte de novo pola cooperación e o reforzo dos servizos sociais nos concellos e restitúa 5 anos de recortes”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión que foi rexeitada polo PP.

A deputada socialista chamou a “recuperar o diálogo institucional” coas entidades locais, verdadeira “primeira porta de entrada para as persoas con dificultades”, aquelas que mais sofren os recortes cotiás que o goberno galego lles impón ás políticas sociais que teñen que prestar os concellos.

Considerou “imprescindible” que o goberno galego volva a cooperar cos concellos para levar a cabo estas políticas de servizos sociais que son o último recurso para loitar contra os problemas derivados da crise e os recortes do PP. Os galegos e galegas están a atoparse con serias dificultades de chegar a fin de mes, desafiuzamento, cortes de enerxía ou retrasos na tramitación da renda de integración social.

Denunciou que o goberno galego prefira garantir as axudas procedentes da Risga con criterios clientelares, repartíndoas “por criterios de rigorosa orde de chegada, aos concellos amigos que están avisados previamente en lugar de atender ás porcentaxes de pobreza ou exclusión social”.

O mesmo goberno, dixo, que suprime a teleasistencia ou o plan concertado, aproba unha Lei de Administración local que deixa sen competencias aos concellos de menos de 20.000 habitantes, ou suprime o Consorcio Galego de Benestar e o substitúe pola Axencia Galega de Servizos Sociais, pasando de 260 representantes de outros tantos concellos a tan só cinco delegados no Consello de Administración.

Iniciativa

Os socialistas reclamaron hoxe que o goberno galego aposte pola cooperación e reforzo dos servizos sociais dos concellos “restituíndo os recortes feitos nos últimos cinco anos” e recuperando o diálogo institucional.

Tamén demandou “garantir a presenza dun equipo de inclusión sociolaboral en cada concello de mais de 20.000 habitantes e nas agrupacións de concellos de ata 20.000 habitantes, recuperando os equipos de inclusión e reabrindo as oficinas de inmigración de Vigo, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol, Ourense e Lugo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar