A Xunta debe responsabilizarse do "fiasco" na regularización dos núcleos costeiros

A Xunta debe responsabilizarse do "fiasco" na regularización dos núcleos costeiros

A Xunta debe responsabilizarse do "fiasco" na regularización dos núcleos costeiros

O portavoz de Política Territorial do Grupo Socialista, Xosé Sánchez Bugallo, urxiu hoxe ao goberno galego que “aterrice” e dea conta do “fiasco completo” e do “enorme engano” do PP coa regularización de núcleos costeiros a través da Lei de Costas. Os socialistas levarán ao próximo Pleno unha moción para que o goberno se reúna cos concellos afectados para axudalos neste conflito.

Sánchez Bugallo advertiu que Galicia ten un total de 255 núcleos costeiros de 58 concellos afectados, 12.500 vivendas, e que logo dos dous anos de moratoria para presentar as solicitudes de regularización, tan só foron aceptados 14 núcleos. Criticou que o PP anunciaba en 2013 a norma como unha “fórmula sinxela” para regularizar a situación de a lo menos 8.000 vivendas de xeito inmediato, logo de dous anos “non hai nin 800”.

O problema, dixo, radica en que a proposta de reforma da Lei aprobada polo Parlamento de Galicia foi adulterada polo PP no Senado endurecendo os requisitos ata límites “imposibles”. No trámite introduciron como requisito constatar tanto a consolidación dos núcleos como a disposición de servizos no ano 1988, cando a maioría deles xestionaban a súa propia auga da traída e trataban as augas fecais en fosas sépticas.

A inmensa maioría das vivendas afectadas en Galicia quedan agora “fora de ordenación” e o goberno galego “lava as mans” e responsabiliza a concellos e goberno central, tentando de eludir o que é “unha cuestión de país” que afecta a 12.500 familias galegas. Así, mentres era resolta a situación de Formentera, Santa Cristina, Santa Pola ou a Praia de Aro, a Illa de Arousa ten tódalas súas peticións denegadas.

Esixiulle ao goberno galego que se responsabilice e “colabore cos concellos e presione en Madrid” para resolver esta situación, e advertiu que a vía que propón agora, o da súa regularización a través dos plans xerais de ordenación municipal, tampouco ofrece garantías por canto require un informe de Costas “preceptivo e vinculante”.

O responsable socialista presentou os datos oficiais do proceso de regularización dos núcleos tradicionais, que revelan que dos 255 núcleos afectados en 58 concellos, foron denegados 163 e aprobados 14, o 7,9 por cento do total, unha porcentaxe que se reduce ao 5,8 descontando o caso de Marín, o único concello con tódalas solicitudes –catro- aceptadas nun proceso que comezaron á marxe da Lei antes da súa reforma.

Engano

Sánchez Bugallo lamentou que os galegos e galegas teñan que padecer unha vez mais as consecuencias dos enganos do PP, que en 2013 cualificaba o proceso de “sinxelo” e o anunciaba como a gran solución á situación dos núcleos costeiros tradicionais.

Explicou que a realidade é que a Lei de Costas foi concibida para atender á demanda dos conservadores ingleses a través do Parlamento Europeo na defensa dos intereses dos seus cidadáns, e con eles os alemáns e franceses, con propiedades na costa española, que vían desvalorizadas pola Lei de Costas.

Ademais serviu para resolver o “problema” das factorías de Repsol en Tarragona, Petronor en Bilbao e Ence en Pontevedra, que remataba a súa concesión en 2018 e dependía dunha autorización de medio ambiente e un informe preceptivo e vinculante das autoridades autonómicas.

Grazas a esta modificación, o goberno central quere priorizar os intereses económicos das empresas sobre os medioambientais, permitindo ampliar a prórroga outros 75 anos, co que a actividade de Ence sobre a Ría de Pontevedra podería acadar os 125 anos, sumando os 50 que leva instalada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar