A Xunta debe rescatar a xestión da AP-9

A Xunta debe rescatar a xestión da AP-9

A Xunta debe rescatar a xestión da AP-9

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, reclamoulle hoxe ao goberno galego que “rescate a xestión da AP-9” para a Comunidade Autónoma. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión, na que sinalou que mentres os socialistas queren devolver a infraestrutura á xestión pública, o PP decidiu ampliala por outros 25 anos, ata 2048.

O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego iniciativa para impulsar o transporte de proximidade entre Vigo e Pontevedra a través do ferrocarril de cercanías, transporte metropolitano e o transporte integrado de Ría, o que desconxesionaría a circulación da AP-9 e das áreas urbanas.

Criticou que a xestión que está a facer a concesionaria hoxe en día provoca queixas en tódolos aspectos relacionados coa autoestrada, como son retencións de tráfico, tarifas abusivas, un sistema de peaxes deficitario, pagos en desacordo cos servizos ou eibas na sinalización e mantemento.

Fernández reclamoulle ao goberno galego que aproveite precisamente o período invernal, con menos presión de tráfico, para garantir que a vía de comunicación estea preparada para que no verán de 2015 non se repitan os problemas que se están a rexistrar nos últimos tempos.

Lamentou que a día de hoxe os usuarios “poden constatar día a día e ano a ano que o interese concesional só ten exclusivos motivos económicos fronte a calquera interese social”. A infraestrutura, que constitúe un elemento vertebrador para Galicia, que une cinco das sete grandes áreas urbanas e a metade da poboación total, converteuse “nunha oportunidade exclusivamente económica para a empresa concesionaria”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar