A Xunta debe repoñer a vacina da varicela nas farmacias

A Xunta debe repoñer a vacina da varicela nas farmacias

A Xunta debe repoñer a vacina da varicela nas farmacias

Carmen Acuña demanda a incorporación da vacina para a meninxite tipo B.

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, vén de presentar unha iniciativa parlamentaria para reclamarlle á Xunta que garanta a reposición da vacina da varicela nas farmacias galegas. A responsable socialista reclámalle ao goberno galego que permita “a dispensación naqueles casos que recomenden os especialistas”.

Ademais, insta ao goberno galego a que propoña, no Consello Interterritorial de Saúde, cambios no calendario vacinal ,como a vacinación da varicela na primeira infancia, tal e como recomenda a Sociedade Española de Pediatría -SEP-, e a inclusion da vacina da Meninxite tipo B.

Sinala que o calendario de vacinas acordado no Consello Interterritorial e aceptado de moi bo grado polo goberno galego xa que lle permitiu un recorte de catro millons na partida adicada as vacinas ,foi tildado de “básico e retrógrado” pola SEP.

Ademais, engadiu que a retirada da vacina das farmacias impide a vacinación da varicela na primeira infancia vai en contra das recomendacións dos e das pediatras, e esta tendo serias consecuencias incrementando nun 80 por cento a incidencia dos casos de varicela.

Lembrou que as idades mais preocupantes nos casos de varicela corresponden precisamente aos menores de 4 anos e ás persoas adultas, que son os que adoitan rexistrar as complicacións mais graves.

Meninxite

A deputada socialista reclamou tamén a inclusión “inmediata” no calendario galego da vacina para a meninxite tipo B, unha das modalidades mais graves e que afortunadamente hoxe dispón de medidas de prevención. Pero tamen , o goberno galego ten limitado a súa aplicación só a uso hospitalario, en contra da opinión dos profesionais galegos de mais prestixio e dos expertos en vacinación.

A deputada socialista reclama a vacinación da varicela na primeira infancia e a inclusión da Meninxite tipo B dentro do calendario galego e insta á Xunta a que se dirixa ao Consello Interterritorial para que recollan tamén esas modificacións no calendario estatal.

Acuña acusou ao goberno galego de “xogar coa saúde das persoas”, ao impoñer un recorte drástico nas vacinas, que pasaron de 15 millóns de euros en 2012 a 11 en 2014. Subliñou que “sempre é mellor e mais rendible previr pero se falamos dos nenos e das nenas e imprescindible”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar