A Xunta debe render contas no Parlamento sobre emprego, sanidade, carburantes e sector lácteo

A Xunta debe render contas no Parlamento sobre emprego, sanidade, carburantes e sector lácteo

A Xunta debe render contas no Parlamento sobre emprego, sanidade, carburantes e sector lácteo

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, reclamou un Pleno Extraordinario no Parlamento de Galicia no mes de xaneiro. Os socialistas reclaman debater sobre a situación do emprego, o colapso da sanidade, o elevado prezo dos carburantes polas taxas do goberno autonómico e a multa láctea aos gandeiros galegos coincidindo coa desaparición do sistema de cotas na UE.

Méndez Romeu explicou que o Grupo Socialista solicitou a convocatoria dunha Deputación Permanente do Parlamento na que se debata a convocatoria dun Pleno Extraordinario no para tratar estes temas no mes de xaneiro, inhábil por imposición do PP para evitar as comparecencias da Xunta. En primeiro lugar, dixo, chama a celebrar un debate para esixirlle á Xunta que reaccione fronte á situación precaria dos traballadores galegos.

Fronte ao optimismo desbordante transmitido polas institucións oficiais, a baixa creación de emprego e o deterioro acelerado das condicións laborais provocan que sexan necesarios un total de 12 anos para volver aos parámetros de 2009. Censurou a inacción da Xunta fronte á redución da ocupación e dos salarios e a substitución do emprego a tempo completo e indefinido por contratos a tempo parcial e temporais.

Méndez Romeu reclamoulle ademais ao presidente da Xunta que cese á conselleira de Sanidade logo de terlle aplicado unha “censura explícita” ao recoñecer, o propio Feijóo, o colapso das urxencias sanitarias derivados de “factores alleos” incontrolables polo goberno. Esta opinión vai en contra da análise do persoal sanitario, puntualizou, que poñen o acento na redución das plantillas que fan inxesionables os picos de demanda.

Criticou a nova “pílula” emitida hoxe polo presidente da Xunta, que “recoñeceu que a política sanitaria non a deben fixar os laboratorios farmacéuticos”, en alusión á dispensación da vacina contra a hepatite C. “Faltaría mais”, puntualizou Méndez Romeu, quen responsabilizou á Xunta de que estes doentes non dispoñan do tratamento prescrito polos seus médicos.

Tamén é a súa responsabilidade, dixo, que os doentes oncolóxicos de Lugo teñan que peregrinar durante dez horas nun só día para ter un tratamento de 5 minutos de radioterapia porque Feijóo négase a aplicar o servizo no Hospital provincial de Lugo. Criticou que o presidente da Xunta “se dedique a visitar os platós televisivos para comentar obviedades esquecendo os problemas reais dos doentes”.

Transporte

Os socialistas galegos tamén queren que o goberno renda contas no Pleno do Parlamento sobre a situación dos transportistas galegos, que teñen que asumir un dos prezos mais elevados do carburante porque a Xunta é a única que mantén a fiscalidade autonómica sobre os combustibles. O mesmo goberno, puntualizou, que pon todo tipo de trabas burocráticas á reposición do céntimo sanitario cobrado irregularmente entre 200 e 2012.

“O goberno cala e mantén un recargo fiscal que sitúa as estacións de servizo en condicións non competitivas” diante das veciñas de Portugal e Castela e León, que están a asumir todo o mercado fronteirizo.

Finalmente, reclamoulle á Xunta que dea contas sobre a súa falla de xestión diante da aplicación das multas por supertaxa aos gandeiros galegos e a desaparición do sistema de cota láctea na UE. Advirte que a gandeiría galega ten que atender agora a “un problema estrutural ao que o goberno non quixo dar resposta”.

Parálise

O portavoz do Grupo Socialista dixo ademais que a forma de actuar do goberno galego, absolutamente paralizado e sen apenas actividade executiva ou produción lexislativa con contido, resulta “consecuente” coa insistencia de Feijóo na renuncia a presentarse á reelección como candidato.

Os reiterados anuncios de Feijóo puntualizando que dúas lexislaturas como presidente “son suficientes”, supoñen a mellor explicación á parálise demostrada nos reiterados consellos da Xunta baleiros de contido por parte dun goberno que a metade de lexislatura demóstrase “carente de ideas e cos brazos caídos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar