A Xunta debe regular a apertura de instalacións municipais para peregrinos

A Xunta debe regular a apertura de instalacións municipais para peregrinos

A Xunta debe regular a apertura de instalacións municipais para peregrinos

O responsable de Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, reclamoulle á Xunta que regule a coordinación entre os concellos polos que transcorre o Camiño de Santiago e os albergues para a disposición de instalacións municipais cando exista alta afluencia de peregrinos. Pérez Seco presentou hoxe unha pregunta neste sentido na Comisión de Industria do Parlamento.

O parlamentario socialista chama á intervención do goberno galego para mediar entre os concellos e os propietarios de albergues para garantir dunha parte que os peregrinos teñan capacidade de atopar unha cama e por outra evitar o que as asociacións de albergues consideran competencia desleal.

Pérez Seco puxo o foco hoxe sobre os casos nos que a afluencia de peregrinos sexa masiva e os albergues queden sen prazas, cando os concellos habilitan polideportivos, colexios ou edificios multiusos para que os visitantes teñan un lugar no que pasar a noite. Pregúntalle ao goberno galego se ten regulados e determinados os casos nos que os concellos poñen as instalacións municipais a disposición dos peregrinos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar