A Xunta debe redobrar a presión sobre o Colexio de Comisarios que o mércores decidirá sobre o tax lease

A Xunta debe redobrar a presión sobre o Colexio de Comisarios que o mércores decidirá sobre o tax lease

A Xunta debe redobrar a presión sobre o Colexio de Comisarios que o mércores decidirá sobre o tax lease

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, instou a Xunta e goberno central a “redobrar a presión” sobre a Comisión Europea e o Colexio de Comisarios que o mércores se reunirá para decidir sobre a multa polo tax lease a España.

O responsable socialista salientou o apoio do PSdeG aos gobernos central e autonómico para que presenten unha posición unánime diante da UE, pero advertiu que “si non se consegue a responsabilidade será dos gobernos de España e Galicia”, que terán que deseñar un novo sistema de produción que permita o fomento do naval.

Méndez Romeu advertiu que facer recaer a devolución das axudas por parte das entidades financeiras e grandes inversores resultará coa “inviabilidade do sector”, xa que a contía ascende a 2.800 millóns de euros en todo o Estado, 1.700 só en Galicia. Lembrou que a decisión da UE foi feita pública logo de que o pasado 11 de abril o BOE publicara un Real Decreto cun novo tax lease “plenamente adaptado” aos requirimentos da UE.

O responsable socialista cualificou de “inaceptable” que a Comisión Europea acepte que os estaleiros doutros países utilicen este órgano “para eliminar a competencia” do sector naval de España e de Galicia en concreto. Dixo que é a UE en conxunto a que está a ser prexudicada pola competencia de terceiros países asiáticos, con sistemas mais laxos e condicións laborais mais precarias.

Chamou por iso a “influír nos demais foros e axentes” responsables da toma de decisións, ademais de dentro da UE. O entorno comunitario, dixo, pasou de supor unha cuarta parte do mercado mundial a ser hoxe un cinco por cento, unha quinta parte correspondenet a España.

Lembrou que en Galicia chegou a representar o 70 por cento do total da produción naval de España, con 14.000 empregos e ata 80 buques en produción en 2008, pasando hoxe a tan só 11 e a un desemprego do 90 por cento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar