A Xunta debe ralizar unha investigación interna sobre o asasinato dunha vítmia de violencia de xénero no CHUO

A Xunta debe ralizar unha investigación interna sobre o asasinato dunha vítmia de violencia de xénero no CHUO

A Xunta debe ralizar unha investigación interna sobre o asasinato dunha vítmia de violencia de xénero no CHUO

A portavoz de Sanidade e Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, presentará unha moción no Pleno do Parlamento que se celebra esta semana na que reclama unha investigación interna urxente na Vicepresidencia da Xunta e na Consellería de Sanidade sobre o asasinato dunha muller polo seu maltratador mentres se atopaba ingresada no CHUO.

A responsable socialista esíxelle ás consellerías con competencias no caso que inicien unha investigación interna “para determinar os erros cometidos na aplicación dos protocolos” no caso da muller de Verín asasinada mentres se recuperaba dunha agresión previa.

Acuña presenta esta iniciativa logo de ter reclamado en van a comparecencia no Parlamento dos responsables destes departamentos para explicar un feito “inconcebible” e “intranquilizador” constatando “sensibilidade cero” do goberno galego, que “demostrou de sobra a súa intención de facer caso omiso ás peticións de medidas para que estes casos non se volvan repetir”.

Cuestionou a viabilidade dos supostos protocolos de actuación nunhas urxencias colapsadas e criticou a falla de resposta do goberno galego diante das preguntas da oposición e de toda a sociedade polos protocolos na xustiza e nos corpos de seguridade.

Considera “evidente” que estes son “inadecuados e como mínimo insuficientes” logo do caso do Hospital de Ourense, e advirte que resulta “intolerable” que o goberno galego non reaccione diante daquel asasinato.

Estudo

A responsable socialista reclama tamén un “estudo pormenorizado dende a Administración autonómica” de cada un dos casos de mulleres vítimas de violencia de xénero asasinadas ata o momento a pesares de ter presentado unha denuncia previa, “contando ou non cunha orde de protección”. Ademais, instou a recuperar os orzamentos para igualdade “como mínimo ao nivel do ano 2009”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar