A Xunta debe presionar ás eléctricas para que compren tamén ás empresas galegas os contadores dixitais

A Xunta debe presionar ás eléctricas para que compren tamén ás empresas galegas os contadores dixitais

A Xunta debe presionar ás eléctricas para que compren tamén ás empresas galegas os contadores dixitais

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, esixiu á Xunta que exerza presión, dentro das condicións de competencia razoables, para que as empresas galegas do sector puideran acceder a unha cota de mercado dos contadores eléctricos dixitais.

Estes contadores estanse a substituír polas compañías co fin de completar a instalación en 2018, afecta en Galicia a un millóns douscentos mil consumidores, cun investimento previsto de 240 millóns de euros. Os devanditos aparatos permiten optimizar a medición de electricidade podendo incorporar auga e gas, e permite un maior control do gasto aos consumidores, ao substituír a facturación estimada pola do consumo real.

Para o portavoz de Industria do Grupo Socialista os contadores intelixentes deberan representar unha oportunidade para as empresas galegas do sector, como Arteixo Telecom. Polo contrario, as compañías, con sede social fóra do país, están a mercar estes aparatos no estranxeiro, fundamentalmente en China.

A produción eléctrica galega ten unha característica que permite actuar aos poderes públicos: as instalacións hidroeléctricas ou eólicas son concesións administrativas, recordou Méndez Romeu. O deputado socialista conminou ao Goberno galego a “exercer presión” para conseguir unha cota de mercado para as empresas galegas.

A resposta da Xunta á pregunta en Comisión do parlamentario do PSdeG deixou constancia de que “non están a facer nada ao respecto”. Censurou que o Goberno galego faga unha “labor comercial” a favor das empresas galegas, que se atoparán así en inferioridade de condicións para competir. “Sorprende” a Méndez Romeu que non se teña chamado a ningunha empresa, nomeadamente Gas Natural Fenosa, que teñen numerosas explotacións no país e mesmo foron receptores boa parte do concurso eólico.

Son empresas coas que hai un diálogo permanente e “debe existir tamén un diálogo tendente a conseguir provedores en Galicia”, insistiu Méndez Romeu. Igual que debe conseguirse que manteñan no país o servizo de atención ó cliente, comerciais, etc. dixo en referencia a outras iniciativas que xa defendera neste sentido o responsable de Industria do Grupo Socialista. “Non pode ser unha actividade soamente extractiva”, subliñou, e recriminoulle ao Goberno de Feijóo “conformarse só con cobrar o canon eólico e outras gavelas tributarias”.

Para o socialista “ten que existir unha actividade que favoreza o tecido empresarial derivado” e, do mesmo xeito que a actividade mineira ten que ir acompañada dun retorno industrial, Méndez considera que na explotación dos elementos produtores de enerxía, como o vento ou a auga, ademais do canon “ten que existir unha política de retorno industrial”.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar