A Xunta debe preservar as centrais do Xallas e Grande, seguro de vida para a Costa da morte

A Xunta debe preservar as centrais do Xallas e Grande, seguro de vida para a Costa da morte

A Xunta debe preservar as centrais do Xallas e Grande, seguro de vida para a Costa da morte

A deputada socialista Loli Toja defendeu hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle ao goberno galego que evite a segregación das actividades de produción de enerxía e ferraleacións de Ferroatlántica e a venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande e que será votada mañá mércores.

A deputada socialista dixo que as centrais son “o seguro de vida da comarca, se mire como se mire”, con 400 postos de traballo directos, explotan os recursos naturais, utilizan un terreo e uns recursos declarados de utilidade pública e dispoñen dun Porto –o de Brens- practicamente específico.

Criticou a “falla de transparencia” do goberno galego e lamentou que continúen negando unha operación de venda das centrais que de acordo cos medios especializados xa ten prezo, está cifrada en 255 millóns de euros que a empresa quere utilizar para sanear as súas contas.

Criticou que “en base ao que consideran rumores solicitaron informes técnicos e xurídicos e anunciaron un investimento en Sabón para o cal é preciso vender as centrais”. Acusounos de “tratar aos traballadores con desprezo” ao vender un ben público para defender a conta de resultados da empresa “amiga”, e dixo que “está en xogo moito máis que o emprego, trátase dun modelo de goberno que confunde o público e o privado”.

Selfies e popularidade

A responsable socialista replicoulle hoxe ao PP, que cualificou de “postureo” a decisión dos socialistas de levar ao Parlamento unha iniciativa que xa foi debatida en Comisión. Toja dixo que “non nos aburre, e aos traballadores tampouco, unha iniciativa que vai vir aquí tantas veces como sexa necesario”.

Engadiu que “postureo é medir a popularidade dunha persoa en base aos selfies”, lembrando as declaracións do secretario xeral do PP a un medio de comunicación nas que sinalaba que “el peso del presidente –Feijóo- en la política nacional se nota por la cantidad de selfies que se hace con todo el mundo”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar