A Xunta debe presentar o VI Plan Galego de Igualdade

A Xunta debe presentar o VI Plan Galego de Igualdade

A Xunta debe presentar o VI Plan Galego de Igualdade

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Cajide, reclama á Xunta que cumpra cos seus compromisos acadados no pasado debate do Estado da Autonomía presentando no Parlamento o VI Plan Galego de Igualdade para os Homes e as Mulleres. Instou ao PP a que “supere vellos prexuízos contra a igualdade” e apoie esta proposta socialista no próximo Pleno.

Cajide presentará, na sesión plenaria que terá lugar esta semana, unha Proposición non de Lei para que o Goberno galego remita á Cámara, no prazo dun mes, o VI Plan Galego de Igualdade entre Homes e Mulleres. Reclamou tamén que dea traslado do borrador deste documento ás asociacións de mulleres e igualdade para que estas poidan facer as súas achegas.

A responsable socialista reclama ao goberno galego que dea cumprimento así á proposta de resolución presentada polos socialistas e aprobada por unanimidade no Debate do Estado da Autonomía. Esta proposta instaba á Xunta de Galicia a “aprobar e tramitar pola vía parlamentaria, no presente período de sesións, o VI Plan Galego de Igualdade entre Homes e Mulleres, tendo en conta que rematou a vixencia do anterior no ano 2010”.

Criticou o “lamentable esquecemento” desta iniciativa por parte da Xunta que é a “mostra dunha evidente falla de interese pola igualdade en Galicia” nun asunto sensible e “demasiado importante como para intentar deixalo en papel mollado”.

Sinala así que teñen pasado xa once meses dende que esta proposta foi aprobada, e logo de que a  secretaria xeral de Igualdade teña anunciado que a elaboración do plan ten comezado hai máis de ano e medio “non podemos entender os motivos para que o executivo non entregara dito documento no Parlamento para o seu debate”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar