A Xunta debe posicionarse a favor da suspensión da Lomce e dunha nova norma educativa de consenso

A Xunta debe posicionarse a favor da suspensión da Lomce e dunha nova norma educativa de consenso

A Xunta debe posicionarse a favor da suspensión da Lomce e dunha nova norma educativa de consenso

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que se dirixa á próxima Conferencia Sectorial de Educación para pedir a suspensión da Lomce previa á súa derrogación e á aprobación dunha nova norma.

Na sesión de control ao goberno, Fernández Leiceaga alertou que a decisión do goberno de “rectificar sen suspender a norma complica innecesariamente as cousas para non recoñecer un fracaso social e político” o único que fai é “complicar as cousas”.

Sinalou que malia as declaracións do presidente da Xunta e do ministro de Educación, “a suspensión das reválidas carece de validez legal, non poden dicir nada das Probas de Acceso á Universidade nin garantir o distrito único”.

Reclamoulle ao goberno que decida “cortar o nó gordiano e suspender a Lomce legalmente”, a única medida que pode ofrecerlle garantías e tranquilidade aos alumnos e ao profesorado, nomeadamente aos de 2º de Bacharelato, que este ano afrontan o seu acceso á Universidade sen saber cómo.

A Lei Wert, dixo, provocou un problema “complicando innecesariamente un procedemento que estaba funcionando ben, como eran as Probas de Acceso á Universidade, dificultando o acceso á educación universitaria e quebrando o distrito único” que homologaba as notas de acceso a calquera universidade. Hoxe, o goberno “non pode organizar reválidas nin dicir nada dunhas PAUs que non existen, e as universidades poden organizar probas de acceso específicas”.

O responsable socialista sinalou que a implantación da Lomce “converteuse nun problema para a maioría das comunidades autónomas e nun pesadelo para os centros educativos”, provocou unha “contestación social importante” que derivou nunha proposición de Lei que está a ser tramitada no Congreso.

O goberno negouse tamén a escoitar a protesta das comunidades autónomas, alumnos e familias ata que “comezou a rectificar, pero tarde, mal e arrastro” ao resistirse a suspender a Lei.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar