A Xunta debe poñerse do lado dos produtores de leite galegos

A Xunta debe poñerse do lado dos produtores de leite galegos

A Xunta debe poñerse do lado dos produtores de leite galegos

vacasO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, esixiulle hoxe á Xunta que “elixa de qué lado está” no conflito dos produtores de leite coa industria e os distribuidores. No debate dunha Interpelación no Pleno do Parlamento, reclamoulle á Conselleira de Agricultura que “estea do lado dos produtores”, xa que case a metade do leite do Estado prodúcese en Galicia.

O responsable socialista criticou o desleixo do goberno galego diante dos incumprimentos dos acordos por parte das empresas distribuidoras, que obrigaron aos gandeiros a concentrarse diante das grandes superficies para demostrar que o aumento de prezos do leite non eran revertidos nos produtores. Lembrou que “ese era o traballo que acordara facer o goberno”.

Criticou ademais a satisfacción amosada polo goberno galego coa suba estacional dun céntimo no prezo do leite deste inverno, e sinalou que “a Feijóo válelle que o leite estea a 28 céntimos tanto como que estea a 24”. Lembrou que o acordo fixaba un prezo equiparable ao de Francia –mais dous céntimos polo transporte-, pero hoxe o país veciño vende a 34,4 e Galicia a 27,6.

Ironizou co feito de que o presidente galego “se cansara de repetir que o acordo do Ministerio -cos produtores, a industria e os distribuidores- era mellor que en Francia”, pero o prezo pagado en Galicia é 7 céntimos inferior, co que, sinalou, “os gandeiros pídenlle xa que non o faga mellor que Francia, que é suficiente con que o faga igual”.

García lamentou que o goberno galego continúe culpando aos produtores “por non unirse nunha soa cooperativa ou nunha soa Organización de Produtores de Leite –OPL-”, o que considera “o colmo dos colmos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar