A Xunta debe poñer as Fragas do Eume por riba dos intereses empresariais

A Xunta debe poñer as Fragas do Eume por riba dos intereses empresariais

A Xunta debe poñer as Fragas do Eume por riba dos intereses empresariais

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, ven de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias nas que esixe á Xunta que someta a avaliación ambiental estratéxica o proxecto de Endesa de baleirar o fondo da presa do Eume. Reclama que a Xunta garanta que as actuacións sexan as que menos impacto medioambiental produzan.

A parlamentaria socialista esixe ao presidente da Xunta que sitúe a protección do entorno natural “por riba dos intereses particulares de empresas que só están preocupadas pola súa conta de resultados e que a miúdo atopan no goberno da Xunta aos cómplices necesarios para levar a cabo as súas atrocidades ambientais”.

Gallego anunciou unha ofensiva parlamentaria para que a Xunta dea contas do seu posicionamento real neste proxecto e anuncia unha rolda de entrevistas con distintos colectivos da zona como probables damnificados  por este proxecto. A responsable socialista anunciou que “si é necesario os socialistas denunciaremos esta actuación diante da Comisión Europea”.

Escasa sensibilidade medioambiental

Gallego advirte que o Goberno de Feijóo, “malia á escasa sensibilidade medioambiental que amosa a diario”, ten “fortes razóns xurídicas e de protección da natureza para someter o proxecto á protección ambiental”. Lembra que o entorno da presa é o Parque Natural das Fragas do Eume, un espazo protexido pola Rede Natura 2000 e con grande valor ecolóxico.

Ademais sinala que a desembocadura do Eume é unha zona na que existe actividade pesqueira e marisqueira “que se vería gravemente prexudicada pola actuación de Endesa nesta presa.

Baleirado do fondo

Gallego lembra que o baleirado do fondo da presa foi presentado pola empresa Endesa no “Proxecto de Modernización do Desagüe de fondo da presa do Eume”, que foi presentado diante da Consellería de Medio Ambiente, a que está “estudando” a necesidade ou non de realizar a avaliación ambiental estratéxica.

A parlamentaria socialista considera imprescindible facer a dita avaliación, xa que este baleirado do fondo da presa “seguramente ten outras mellores opcións e mais respectuosas co medio ambiente”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar