A Xunta debe pasar da poesía á prosa e fixar obxectivos reais para o Modelo de Financiamento

A Xunta debe pasar da poesía á prosa e fixar obxectivos reais para o Modelo de Financiamento

A Xunta debe pasar da poesía á prosa e fixar obxectivos reais para o Modelo de Financiamento

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe á Xunta que “pasen da poesía á prosa” e fixen “algunha cifra” dos seus obxectivos de cara á reforma do modelo de financiamento. Así o dixo no debate dunha interpelación no Pleno do Parlamento, na que criticou a “excesiva retórica” por parte do goberno galego.

O responsable socialista urxiu coñecer “qué demanda ao Estado, con qué expectativas afronta esta negociación” na que, dixo, falar de cifras “cambia totalmente a negociación”. Advertiu que de non responder á posición de Rajoy de non aportar “un só euro adicional” o modelo de negociación será un “xogo de suma – cero”, onde certas autonomías gañarán a costa de reducir as aportacións das outras.

Fernández Leiceaga puxo como exemplo os 11.600 millóns de euros adicionais postos sobre a mesa por Zapatero na última ocasión na que se falou de cambiar o modelo de financiamento. Salientou a necesidade de acadar o compromiso do Goberno de incrementar o Fondo de Financiamento Autonómico “e se non de activar un consenso que permita acordar un modelo novo” ou se enfrontarán a “unha nova oportunidade fallida”.

Esixiu “precisión e concreción” porque, advertiu, “o diaño está nos detalles” sobre o reparto de fondos que poden prexudicar a Galicia xa que, engadiu, “a Xunta ofrece grandes palabras, pero con elas non financiamos a sanidade nin a educación porque ao final non hai nada”.

Reclamoulle ao Goberno galego que explique se quere cambiar a ponderación do avellentamento e a dispersión para o reparto de fondos en función da atención sanitaria, para garantir máis diñeiro polo maior gasto que supón a poboación maior.

Amosou a súa preocupación por que “se abra a vía a establecer dous tipos de servizos, os básicos e os outros, limitando a solidariedade só aos primeiros”. Explicou que “non é menos básico o servizo da xustiza que o resto”.

Reclamou que o goberno galego “aperte o acelerador para avanzar de cara a un mellor resultado” e demandou unha “inxección de estabilidade” e adaptar o sistema á situación da economía para sortear a caída brutal de ingresos fiscais de 2009.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar