A Xunta debe parar de fumigar eucaliptos cun pesticida prohibido pola UE

A Xunta debe parar de fumigar eucaliptos cun pesticida prohibido pola UE

A Xunta debe parar de fumigar eucaliptos cun pesticida prohibido pola UE

A portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Sonia Verdes, ven de presentar unha serie de iniciativas para que a Xunta pare a súa campaña de fumigación de eucaliptos co pesticida flufenoxurón. Lembrou que este produto é tóxico, está prohibido pola Comisión Europea, será retirado do mercado en agosto.

A parlamentaria socialista presentou así unha proposición non de Lei na que reclama á Xunta que desautorice a fumigación con este produto, comercializado baixo o nome de Cascade, e empregado para a loita contra a praga do “gurgullo do eucalipto” en Galicia, así como para o seu uso no control doutras pragas vexetais.

Tamén reclama que o Goberno galego leve a cabo “cantas accións sexan necesarias para prohibir o uso do pesticida, suspejndendo a moratoria para a súa retirada, tendo en conta os seus efectos inadmisibles para o compartimento acuático e as súas características que fan persistente, bioacumulable e tóxico”.

Abellas

Lembra que a consellería do Medio Rural está a utilizar tamén, na loita biolóxica contra o gurgullo do eucalipto, a solta de ootecas parasitarias cunha avespa, Anaphaes Nitens, nas áreas de distribución do eucalipto. Sinala que esta situación está a xerar alarma entre os apicultores galegos que levan tempo denunciando a desaparición das colonias de abellas.

Verdes apunta que os apicultores atribúen a desaparición das abellas á utilización de pesticidas na agricultura e nos tratamentos forestais para a loita contra as pragas, e alertan do importante papel que exercen na polinización das plantas, garantindo o mantemento da biodiversidade e dos cultivos na nosa alimentación.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar