A Xunta debe paralizar a Lomce tamén en Galicia

A Xunta debe paralizar a Lomce tamén en Galicia

A Xunta debe paralizar a Lomce tamén en Galicia

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamoulle hoxe á Xunta que paralice a implantación da Lomce en Galicia para “evitar facer mais dano do que teñen provocado” aos estudantes. O responsable socialista reclamoulle ao goberno galego que atenda ao acordo de onte no Congreso, onde comezou o trámite de paralización desta Lei.

O deputado socialista considera un “fiasco” esta norma, aprobada “de forma autoritaria, desprezando o consenso político e desoíndo as aportacións da comunidade educativa”, e “implantada de forma precipitada, confusa, con instrucións contraditorias e sen recursos suficientes”.

Docasar puntualizou que “o mellor favor que lle pode facer o goberno galego aos nosos estudantes e a toda a educación é deixar en suspenso a que se ten demostrado como “unha mala lei que se está a aplicar de forma chapucera, sen diálogo, sen acordo coas comunidades autónomas, sen claridade nas instrucións aos centros, sen respecto aos docentes e sen recursos económicos suficientes”.

Reclamoulle ao goberno galego que asuma a opinión xeneralizada na comunidade educativa e agora tamén no Congreso dos Deputados para parar unha norma altamente lesiva para o ensino e buscar un acordo social e político para restaurar a situación orixinal da educación pública garantindo a calidade e a equidade do ensino público, universal e gratuíto.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar