A Xunta debe ofrecerlle unha solución "áxil e inmediata" aos pensionistas emigrantes retornados

A Xunta debe ofrecerlle unha solución "áxil e inmediata" aos pensionistas emigrantes retornados

A Xunta debe ofrecerlle unha solución "áxil e inmediata" aos pensionistas emigrantes retornados

Emigrantes xubilados3O deputado socialista José Luis Méndez Romeu esixiulle hoxe á Xunta unha solución “áxil e inmediata” para a situación fiscal dos pensionistas emigrantes retornados, multados pola Axencia Tributaria por non declarar as súas pensións como dous pagadores diferentes na declaración da renda.

O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Economía do Parlamento na que lembra que a sanción foi imposta polo goberno central “de un día para outro e sen poñer medios” para informar e axudar aos afectados. Lembrou que “non din que non queiran pagar”, senón que replican fronte a unhas sancións impostas por un cambio de criterio fiscal repentino que os sumiu nun “calvario”.

Méndez Romeu lembrou que o goberno galego se ten comprometido con este colectivo, que malia en moitos casos se ten resolto aínda restan “centos” de pensionistas que continúan coa ameaza das sancións fiscais malia o acordo unánime impulsado polos socialistas e aprobado no Parlamento galego.

Sinalou que o mesmo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se ten pronunciado en favor deste colectivo, cunha interpretación legal que é contestada dende o goberno central, ao que engadiu Méndez Romeu que “está ben que haxa unha discusión xurídica pero cumpre avanzar cara unha solución achegando posicións ou modificando a norma”.

Estas persoas, dixo, “demandan un prazo” para deixar de dedicar as súas escasas pensións a pagar avogados ou asesores e sexan atendidos para ofrecerlles unha solución viable logo de anos enviando remesas dende a emigración á súa patria. Sinalou que os emigrantes afectados son aqueles que tiveron que marchar do mundo rural nos anos 60 e 70, e hoxe non baixan dos 65 anos de idade.

Criticou que “agora teñen que ver cómo son tratados polos responsables fiscais que dan enormes facilidades para que as persoas poderosas e as grandes fortunas poidan repatriar os seus capitais e someterse a amnistías fiscais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar