A Xunta debe mediar para ceder á cidade os terreos do Porto de A Coruña

A Xunta debe mediar para ceder á cidade os terreos do Porto de A Coruña

A Xunta debe mediar para ceder á cidade os terreos do Porto de A Coruña

O deputado socialista Juan Díaz Villoslada reclamoulle hoxe ao goberno galego que medie con Portos do Estado e o Ministerio de Fomento para frear a subhasta e privatización dos terreos do Porto de A Coruña ocupados pola Solana e o Hotel Finisterre. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno celebrado hoxe na que reclamou a cesión dos terreos á titularidade municipal.

O responsable socialista levou así ao Parlamento de Galicia a moción socialista aprobada por unanimidade no Pleno do Concello do pasado 9 de xaneiro, e acusou á Autoridade Portuaria de “preparar con tempo” a privatización dos terreos para “compensar eivas” e “paliar erros graves” na súa xestión.

Juan Díaz Villoslada amosou a súa sorpresa por que o propio presidente de Portos de Galicia sinalara, en resposta a unha pregunta parlamentaria do Grupo Socialista, que a renuncia de Pemex a instalar a plataforma loxística comprometida non tería repercusións no Plan de Viabilidade. Lembrou que a Xunta estimaba un investimento de 58 millóns de euros e un incremento no 20 por cento nos tráficos e no 15 por cento dos ingresos polas tarifas.

Desaire institucional

Lembrou que as negociacións coa Inmobiliaria Río Mero comezaron dous meses antes de que rematara o prazo para que o Concello presentara unha oferta, evidenciando a intención de vendelos e un “desaire institucional con escasos precedentes” por parte da Autoridade Portuaria. Lembrou que a conselleira de Medio Ambiente, que hoxe evitou responder no Parlamento, forma parte do Consello de Administración do ente.

Lamentou tamén os “vaivéns” do PP neste asunto, apoiando a moción socialista no Concello para pedir a cesión dos terreos logo de que o actual deputado Martín Fernández Prado fora en 2012 o concelleiro de Urbanismo encargado de catalogar ese espazo como privado, propiciando a situación actual.

Díaz Villoslada considera “imprescindible compatibilizar as necesidades económicas da Autoridade Portuaria e os lexítimos intereses da cidade”. Instou a “reformular os acordos” coa Autoridade Portuaria para acadar un novo punto de encontro “que beneficie á cidade” xa que, dixo, “non se trata de poñer en cuestión o Porto Exterior, pero a Autoridade Portuaria non pode actuar de costas á cidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar