A Xunta debe investigar a fondo o falecemento dunha muller por violencia de xénero no Hospital de Ourense

A Xunta debe investigar a fondo o falecemento dunha muller por violencia de xénero no Hospital de Ourense

A Xunta debe investigar a fondo o falecemento dunha muller por violencia de xénero no Hospital de Ourense

hospital_chouA portavoz de Sanidade e Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiu hoxe unha investigación sobre o falecemento dunha muller por violencia de xénero no Hospital de Ourense o pasado venres a mans da súa parella. Advertiu que o propio asasino estaba pasando a noite precisamente a carón dela a pesares das sospeitas dun caso de violencia de xénero.

Acuña apunta a un “grave fallo xeneralizado de seguridade e coordinación” e esixe “as máximas garantías para que este tipo de situacións non se repitan”. A deputada socialista presentou unha pregunta oral no Parlamento para que a Xunta explique os protocolos de seguridade para casos de violencia machista no Hospital de Ourense.

Reclámalle ao goberno galego que explique na Cámara autonómica o motivo da hospitalización da vítima e que certifique si, como publican os medios de comunicación, existían sospeitas de que fora ingresada orixinalmente por un caso de violencia machista.

Quere que a Xunta explique as medidas tomadas diante daquela sospeita, que supostamente tiña en alerta á Garda Civil, malia o cal o asasino confeso puido pasar as noites na mesma habitación da vítima ata que na noite do xoves ao venres decidiu acabar coa súa vida.

Carmen Acuña advertiu que a redución de investimento en materia de Igualdade e loita contra a violencia de xénero “repercute nunha descoordinación mais que evidente entre os distintos actores que teñen que ter a máxima alerta contra a violencia de xénero, como son as administracións, as forzas e corpos de seguridade e os xuíces”.

Xuntanza Extraordinaria

O Grupo Socialista trasladará á Mesa da Comisión de Igualdade e dos Dereitos das Mulleres, que se celebra mañá martes, unha solicitude de reunión extraordinaria e urxente da dita Comisión para analizar o caso que tivo lugar a pasada semana en Ourense.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar