A Xunta debe garantir os dereitos dos galegos e galegas residentes no Reino Unido

A Xunta debe garantir os dereitos dos galegos e galegas residentes no Reino Unido

A Xunta debe garantir os dereitos dos galegos e galegas residentes no Reino Unido

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losda, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para que a Xunta abra un proceso de diálogo co goberno central para garantir os dereitos dos galegos e galegas residentes no Reino Unido no proceso denominado como Brexit.

O responsable socialista demanda en concreto “poñer en marcha unha diagnose transversal sobre os impactos que o Brexit previsiblemente terá, tanto na actividade económica de Galicia como nos dereitos dos nosos cidadáns residentes no Reino Unido.

Sinala que a reacción “tibia e pouco definida” do Goberno español abre a posibilidade de que “as posicións das comunidades autónomas inflúan notablemente na posición definitiva que España defenda na negociación da UE.

Losada explica que os ámbitos afectados “serán moitos e con diferente calado económico e social”, polo que urxe a “deseñar un plan de actuación dende as consellerías de Facenda, Economía, Emprego e Industria, Mar e Política Social dirixido a minimizar os impacto negativos esperados, tanto na economía como no ámbito social”.

Advirte que o proceso pode afectar a distintos aspectos socioeconómicos de vital importancia para Galicia, “dende o comercio exterior en xeral, ata a pesca en augas británicas e as empresas mixtas, os dereitos da cidadanía galega no Reino Unido e dos cidadáns británicos en Galicia.

Cumpre ter en conta tamén, explicou, “as previsibles modificacións nos mecanismos de inversións recíprocas de capital, ata os cambios nos parámetros macroeconómicos pola saída dun estado cun nivel de riqueza por enriba da media comunitaria”. Lembra que o Reino Unido conta cun PIB per cápita do 108 por cento da media comunitaria, fronte ao 90 pro cento de España e o 79 por cento de Galicia.

Os socialistas galegos propoñen que a Xunta lle reclame ao Goberno de España “mecanismos de cooperación claros e definidos coas comunidades autónomas á hora de fixar a posición española nas negociacións entre a UE e o Reino Unido” para levar adiante o citado Brexit.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar