A Xunta debe garantir a legalidade nos horarios do CPI dos Dices, en Rois

A Xunta debe garantir a legalidade nos horarios do CPI dos Dices, en Rois

A Xunta debe garantir a legalidade nos horarios do CPI dos Dices, en Rois

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, sinalou hoxe a situación do CPI dos Dices, en Rois, que incumpre os horarios legais de docencia polos problemas co transporte escolar. Levou á Comisión de Educación unha pregunta oral sobre a situación das familias dos alumnos, que están encerradas no Concello dende o 7 de abril reclamando a atención da Xunta. Docasar esixiulle ao goberno galego que escoite as “peticións razoadas e razoables” das familias para garantir “uns horarios xustos, racionais e legais” con “certa flexibilidade” para permitir que os rapaces reciban a formación que lles corresponde e as familias compatibilicen a súa vida laboral e familiar. A situación, explicou, deriva da implantación dun novo horario en 1999, coincidindo coa transformación de centro de EGB en CPI, moi condicionado polo transporte escolar compartido con outros centros da zona. A situación provocou un “auténtico despropósito” nos horarios do centro, con clases de duración inferior ao mínimo legal e recreos mais curtos do mínimo estipulado. Ademais, os rapaces e rapazas non teñen marxe de ir comer á casa, polo que o servizo de comedor atópase saturado e o alumnado da ESO ten á semana 50 minutos de clase menos do estipulado por Lei. Salientou que “durante todo este tempo a comunidade educativa do CPI dos Dices de Rois intentou modificar o horario para adaptalo á legalidade e conseguir unha situación mais racional para estudantes e familias, con enormes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar”. A falla de resposta do goberno, dixo, “ten levado ás familias a un profundo estado de malestar por non sentirse atendidas polas autoridades educativas”, que os levou a tomar a decisión de chegar ao estremo de instalarse no Concello como medida de protesta. Lembrou que un servizo de transporte que garanta uns horarios xustos, racionais e legais é un dos eixos dun sistema educativo equitativo, máxime cando se trata

dun dos custes mais importantes que afronta a Consellería de Educación cada ano, acadando en torno aos 119 millóns de euros nos orzamentos correspondentes ao ano actual.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar