A Xunta debe garantir a continuidade dos 11 paradores de turismo de Galicia

A Xunta debe garantir a continuidade dos 11 paradores de turismo de Galicia

A Xunta debe garantir a continuidade dos 11 paradores de turismo de Galicia

O portavoz de Industria, Turismo e Minas do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, ven de presentar unha serie de iniciativas nas que lle reclama á Xunta que garanta a continuidade dos 11 centros da empresa pública “Paradores de Turismo” en Galicia. Advertiu que a empresa presentou un ERE e anunciou o peche dos establecementos de Verín e Ferrol.

O responsable socialista presentou así unha proposición non de Lei na que insta ao Goberno galego a “defender diante do Goberno de España a continuidade da oferta e dos servizos dos paradores de turismo radicados na Comunidade Autónoma, garantindo a continuidade dos traballadores e o papel promocional que representan estes establecementos na captación de turismo”.

Critica que a empresa ten anunciado que prescindirá dos centros de Verín e Ferrol, mentres o cambio dos contratos fixos a fixos discontinuos para pechar os centros de San Estebo, Tui, Monforte e Vilalba durante cinco meses ao ano. Ademais, a reestruturación de plantilla supón despidos en Baiona, Cambados, Pontevedra e Santiago de Compostela.

Tamén presentou unha Interpelación na que reclama ao Goberno galego que presente os seus datos sobre a reestruturación desta rede e explique as previsións de peches en Galicia e as medidas que tomará diante do goberno central “para garantir a continuidade e potenciación dese segmento da oferta turística”.

Méndez Romeu lembra que o ERE presentado pola empresa suporá o despido do 14 por cento do seu cadro de persoal, un total de 644 traballadores, mentres informa do peche de establecementos e a transformación de 1.400 empregos fixos en fixos discontinuos “para posibilitar así o peche de máis establecementos en temporada baixa”.

Reclama así ao goberno galego que se implique na defensa dos 11 centros que a empresa mantén en Galicia diante da incidencia socioeconómica destes peches e salienta que “a preocupación dos traballadores é notable, pero tamén dos concellos e dos sectores da hostalería e do comercio das zonas afectadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar