A Xunta debe facer valer a produción eléctrica galega para mellorar as tarifas

A Xunta debe facer valer a produción eléctrica galega para mellorar as tarifas

A Xunta debe facer valer a produción eléctrica galega para mellorar as tarifas

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, esixiulle hoxe ao goberno galego que faga valer a posición estratéxica de Galicia como produtor de enerxía eléctrica para mellorar as tarifas dos usuarios. No debate dunha pregunta oral en Comisión, dixo que “de enerxía sabemos, producimos e pesamos abondo como para ser escoitados na planificación estatal”.

O responsable socialista acusou á Xunta de amparar unha reforma eléctrica que en realidade “só favorece ás cinco grandes compañías españolas” mentres que resulta “catastrófica para o desenvolvemento das enerxías renovables no noso país”. Lembrouque “nin as organización sectoriais da enerxía, nin as organizacións empresariais nin de consumidores avalan esta reforma”.

Advertiu que o goberno galego “só se preocupou da reforma da enerxía ata que rematou o proceso de crear un novo imposto, a partires de aí se desentenderon do futuro do sector eólico galego, por non falar das outras renovables ás que nin poñen atención”. Explicou que “non se resolve o problema do autoconsumo, mesmo penalizando que os cidadáns busquen mecanismos para reducir o custe da enerxía eléctrica”.

Méndez Romeu dixo que o goberno galego deixou aos investidores galegos “sen capacidade de recuperar o investimento” en enerxía eléctrica ao eliminar as primas polos investimentos en enerxías renovables, mentres incrementan a factura eléctrica dos consumidores.

Engadiu que a reforma do sector eléctrico “non aborda a resolución definitiva do déficit de tarifa, non contempla medidas para reducir o custe de produción de enerxía e renuncia ao liderado de España e Galicia nas enerxías renovables”. Dixo que “da a entender que o país camiña cara unha maior dependencia da enerxía producida por combustibles fósiles”.

A consecuencia é que un sector en expansión en Galicia, o das enerxías renovables, “vai ser freado pola política do goberno de castigar a tódolos investidores que participaron no último concurso eólico” e que, ao contrario que no resto das reformas enerxéticas, non recuperarán o seu investimento.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar