A Xunta debe facer cumprir as condicións das empresas de transporte da Costa da Morte

A Xunta debe facer cumprir as condicións das empresas de transporte da Costa da Morte

A deputada socialista Marisol Soneira esixiulle hoxe ao goberno galego que se dirixa ás empresas concesionarias das liñas de transporte da Costa da Morte e “faga cumprir as condicións ou retiren a concesión e saquen outro concurso”. Soneira levou ao Pleno do Parlamento unha pregunta oral diante do “clamor social” polo incumprimento xeneralizado no transporte por estrada da comarca.

Advertiu que malia os 11 expedientes abertos ás empresas, hoxe “non hai unha soa das liñas da Costa da Morte” que cumpra cos horarios e os itinerarios comprometidos, e lembroulle ao goberno galego que “son vostedes os que teñen que garantir a aplicación das condicións de adxudicación”. As empresas, dixo, “seguen sen facer caso dos expedientes e vacilan aos cidadáns, aos alcaldes e a vostede mesma”, espetoulle á conselleira de Territorio.

A deputada da Costa da Morte sinalou que o transporte público da comarca é “un auténtico desastre” con concellos que carecen de conexión coa capital galega ou coa cidade de A Coruña, e que están “a horas de trasladarse ao Hospital ou a centros educativos ou administrativos con transporte público dentro da propia comarca”.

Soneira lembra que o problema veuse agravado logo da derivación da concesión da empresa Arriva en beneficio de outras tres empresas que “non se poñen de acordo e non coordinan os horarios”. A situación xerada, engadiu, é “un clamor social” que ten transcendido aos plenos de tódalas corporacións locais e mesmo ten sido trasladado ña propia conselleira.

A parlamentaria socialista denunciou que “vivir na Costa da Morte non ten por qué resultar un castigo adicional” e alertou que esta situación provoca de facto un “grave problema de discriminación por residencia e status social especialmente ás persoas sen recursos e mais dependentes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar