A Xunta debe explicar si avalou fraudes para cobrar axudas de reforestación na Costa da Morte

A Xunta debe explicar si avalou fraudes para cobrar axudas de reforestación na Costa da Morte

A Xunta debe explicar si avalou fraudes para cobrar axudas de reforestación na Costa da Morte

A parlamentaria socialista Marisol Soneira mantivo onte unha xuntanza con veciños afectados por unha suposta estafa con suplantación de identidade para a percepción de axudas da UE para a reforestación de terras. Soneira advirte que esta suposta estafa contaría “co aval da Consellería do Medio Rural” e afectaría aos concellos de Vimianzo, Dumbría e Muxía.

Soneira transmitiulle aos afectados, que veñen de presentar unha denuncia no xulgado de Corcubión, o apoio pleno do Grupo Socialista, e esixiu así unha “resposta inmediata” por parte da Xunta e, no caso de confirmarse as acusacións, reclama a “depuración de responsabilidades”.

A responsable socialista salienta as advertencias dos afectados, que elevan a estafa a “varios millóns de euros”, e que advirten que a suposta rede falsificou as sinaturas dos afectados e creou agrupacións de montes falsas para pedir subvencións comunitarias e cobrar as axudas.

Soneira advirte do papel que supostamente cumpriría a Consellería do Medio Rural, por canto os expedientes en poder do Executivo inclúen aos estafados como testaferros das agrupacións pantasma e inclúen inspeccións de campo, e están asinados por representantes da Xunta.

A parlamentaria socialista levará ao Parlamento de Galicia as denuncias trasladadas polos veciños afectados, que apuntan a altos cargos da Xunta como directamente implicados nesta suposta trama.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar