A Xunta debe explicar cántas vítimas mais ten que soportar o Corredor do Morrazo antes de que Feijóo cumpra co compromiso do seu desdobramento

A Xunta debe explicar cántas vítimas mais ten que soportar o Corredor do Morrazo antes de que Feijóo cumpra co compromiso do seu desdobramento

A Xunta debe explicar cántas vítimas mais ten que soportar o Corredor do Morrazo antes de que Feijóo cumpra co compromiso do seu desdobramento

A deputada de O Morrazo do Grupo Parlamentario dos Socialistas, Carmen Gallego, instou ao goberno galego a que explique “cantas vítimas máis soportará o goberno no corredor de O Morrazo antes de que o presidente Feijoo cumpra co compromiso do seu desdobramento”.

 

Carmen Gallego asegura que diante desta situación e cunha nova vítima mortal esta mesma semana no corredor “amosan como ineficaces as novas medidas de seguridade viaria implantadas pola Xunta de Galicia”. Explica que dende o PSdeG-PSOE “xa advertimos en varias ocasións desta ineficiencia”.

 

A deputada socialista solicita ao goberno galego que explique “cales son os orzamentos e compromisos que pode asumir para facer realidade o desdobramento”. Ademais, insta a Feijoo a que diga “se vai reconsiderar a axilización das obras pendentes ou sinxelamente vai utilizar as escusas administrativas para de novo non facer ningunha actuación”.

 

Os socialistas esíxenlle ao goberno galego que aclare “as medidas que vai adoptar de xeito inmediato para parar esta sangría de vítimas que nos ten a todos sobrecollidos”. “Dende o PSdeG-PSOE queremos que o goberno recoñeza a ineficacia e perigosidade das medidas que adoptou en materia de seguridade viaria neste corredor e queremos coñecer o que vai facer para corrixilas”, reclamou así a resposta oral en Pleno por parte do Presidente da Xunta de Galicia.

 

O Grupo Parlamentario dos Socialistas explican que “a necesidade imperiosa do desdobramento deste vial para paliar as graves deficiencias que presenta en materia de seguridade viaria, choca coa impasividade do goberno de Núñez Feijoo”. Gallego lamenta que as familias das vítimas “están indignadas” e os veciños de O Morrazo “son solidarios na súa dor e na súa indignación”.

 

A deputada socialista asegura que o corredor de O Morrazo “debería estar a estas alturas do ano 2012, a piques de rematar as obras do seu desdobramento si o goberno de Núñez Feijoo fixera con dilixencia o seu traballo”. Explica que “a paralización” do procedemento administrativo para levar a cabo o proxecto de desdobramento e das vías de circunvalación de Cangas e Moaña iniciado no ano 2008 polo goberno de Touriño, “foi unha constante dende que Feijoo chegou ao goberno”.

 

A dirixente socialista asegura que “a pesares das múltiples escusas e mentiras pergeñadas dende o goberno galego nestes case catro anos de lexislatura para conseguir o favor electoral dos veciños de O Morrazo”, lamenta que “a realidade teimuda é de que se perderon catro valiosos anos para desdobrar este vial e rematar coas conexións internas da comarca de O Morrazo”.

 

Carmen Gallego explica que “hai escasas datas e nun último intento de manipulación da opinión pública e incumprindo unha vez máis os prazos dados polo propio goberno galego” publicouse no DOG para a súa exposición pública o Plan de Movilidade Viaria da península de O Morrazo. “Rimbombante nome para esconder unha vez máis o aprazamento dos compromisos adquiridos con esta comarca”, criticou Gallego.

 

A deputada da península de O Morrazo, asegura que este plan “non conta coa aceptación dunha parte importante da cidadanía nin dos grupos políticos presentes nos gobernos e na oposición dos concellos afectados”. “Isto provocou unha ampliación do prazo de exposición pública e previse que haxa varias alegacións ao seu contido”, explica Carmen Gallego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar