A Xunta debe explicar a situación do carril bici entre Vigo e Baiona

A Xunta debe explicar a situación do carril bici entre Vigo e Baiona

A Xunta debe explicar a situación do carril bici entre Vigo e Baiona

A deputada socialista Carmen Gallego presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para que a Xunta explique por escrito as condicións nas que se atopa o carril bici entre Vigo e Baiona, no que esta fin de semana se viviu un tráxico accidente.

A deputada socialista solicita formalmente, a través do procedemento coñecido como artigo 9, que obriga ao goberno a responder nun prazo de un mes, a copia do proxecto inicial do tramo así como da construción final.

Ademais, presenta unha pregunta escrita na que lle reclama ao goberno galego que explique si todo o tramo respecta os mesmo anchos de carril, os elementos que variaron na execución do proxecto inicial co finalmente construído e as posibles consecuencias para a seguridade.

Diante dos reiterados sinistros rexistrados naquel tramo, Gallego reclámalle ao Goberno da Xunta que explique si o dito carril bici “está libre de obstáculos e habilitado en condicións de seguridade viaria para os ciclistas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar