A Xunta debe despexar a incertidume do transporte galego logo da anulación das prórrogas

A Xunta debe despexar a incertidume do transporte galego logo da anulación das prórrogas

A Xunta debe despexar a incertidume do transporte galego logo da anulación das prórrogas

O portavoz de Infraestruturas e Transportes do Grupo Socialista, Raúl Fernández, reclamoulle hoxe á Xunta o “desbloqueo urxente” da situación de incertidume xurídica xerada no sector do transporte de viaxeiros por estrada logo da anulación da prórroga de 129 concesións, o 89 por cento do total, polo Tribunal Supremo.

O responsable socialista presentou unha moción que será debatida no próximo Pleno do Parlamento na que reclama unha norma transitoria urxente que evite os prexuízos causados pola anulación das prórrogas concedidas irregularmente pola Xunta en 2009 e que provocou “sete anos perdidos” para o desenvolvemento do sector.

Ademais, reclama unha nova Lei de Mobilidade, elaborada en colaboración co sector do transporte e dos concellos, para deseñar un novo mapa de transporte que garanta a viabilidade do servizo e garanta a presenza do transporte no rural galego garantindo que chegue a “todos e cada un dos galegos e das galegas”.

Pasividade, desidia e incompetencia

Raúl Fernández criticou a “pasividade, desidia e incompetencia” coa que o Goberno galego xestionou as políticas de transporte, manténdose “atrincherado no pasado, alleo ao presente e indeciso con respecto ao futuro”, incapaz de ofrecer resposta á situación crítica das empresas de transporte por estrada.

A moción que será levada ao próximo Pleno deriva dunha interpelación presentada polos socialistas diante da negativa da Xunta a comparecer para dar conta das consecuencias e das responsabilidades políticas derivadas da sentenza do Tribunal Supremo. Lembrou a actitude da propia conselleira responsable, que respondeu á interpelación “incómoda” nunha intervención “decepcionante” pola súa falla de resposta.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar