A Xunta debe derrogar o canon de Sogama logo de constatar unha suba de 20 millóns nos seus ingresos

A Xunta debe derrogar o canon de Sogama logo de constatar unha suba de 20 millóns nos seus ingresos

A Xunta debe derrogar o canon de Sogama logo de constatar unha suba de 20 millóns nos seus ingresos

Patricia Vilán denuncia “engano e ocultación” pola Xunta para impor un canon que “en realidade supuxo a apropiación indebida dos fondos dos concellos”.

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, esixiulle á Xunta a derrogación do canon de Sogama e a devolución da recadación obtida polo goberno galego. Así o dixo logo de constatar un aumento de 20 millóns de euros nos ingresos da entidade nos próximos tres anos, como vén de confirmar o goberno galego.

Vilán rexeitou calquera tipo de “rebaixa” no canon, como anuncia o goberno galego, e esixiu a retirada total do tributo imposto unilateralmente ás entidades locais. Acusou ao goberno galego da “apropiación indebida” dos fondos dos concellos ao impor e manter o canon mesmo cando xa sabían do incremento de ingresos, malia o que “optaron polo engano e ocultación”.

A responsable socialista dixo que os novos datos sobre o aumento de ingresos evidencian a xestión “a salto de mata, indefinida e errática” da xestión de residuos por parte do goberno galego. Criticou que a Xunta ofrecera “diálogo sincero e transparencia”, nun encontro onte cos responsables da Federación Galega de Municipios e Provincias –Fegamp-, cando “son dúas palabras que non entran no vocabulario do PP”.

Explicou que o PP rachou o diálogo cos concellos impoñendo o canon con ameazas expresas e mesmo detraendo por Lei os cartos do FCI dos concellos que se negaran a pagar o canon. Ademais, engadiu, rexeitaron tódalas modificacións propostas pola oposición ao Plan de xestión de residuos e contrataron, de forma unilateral, un Plan de Viabilidade “á carta” a unha empresa privada, o que evidencia “a súa idea de diálogo”.

Ao tempo, agocharon deliberadamente as contas de 2014 e os reais decretos do goberno central que facilitaban o pago a provedores e permitían retirar o canon, co que “demostran que onde falan de transparencia en realidade queren dicir engano aos cidadáns e intransixencia”.

Descorazonador

Patricia Vilán considerou “descorazonador” o resultado da xuntanza de onte coa Fegamp, na que a Xunta eludiu comprometerse coa retirada do canon e só acadaron “promesas” para presentar un novo Plan de Xestión de Residuos a finais de mes e un novo Plan de Viabilidade en outubro, mais tarde do que tiñan comprometido.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar