A Xunta debe deixar de dar tumbos e volver ao sistema de préstamo universal de libros de texto

A Xunta debe deixar de dar tumbos e volver ao sistema de préstamo universal de libros de texto

O secretario de Educación do PSdeG-PSOE e portavoz de Educación do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Vicente Docasar, chamou hoxe á Xunta a “deixar de dar tumbos e volver ao sistema de préstamo de libros de texto universal e gratuíto xeneralizado polo goberno do socialista Touriño”.

O responsable socialista presentou unha batería de iniciativas parlamentarias nas que lembra que aquel modelo resultaba moito mais xusto e barato, tal e como certificaron a Defensora del Pueblo e agora toda a comunidade educativa. Aquel sistema, engade, “foi eliminado e substituído por outro modelo peor pola contumacia política” de Feijóo e do seu equipo.

Docasar reclamoulle ao goberno galego que “xa que non ten oídos para o que lle recomenda a oposición, canto menos escoite o clamor unánime da comunidade educativa, que está a trasladar tódolos días o seu malestar por un sistema moito mais caro e ineficaz”. Este modelo, dixo, “triplica o custe da iniciativa e deixa sen libros a milleiros de familias que están a padecer o mais duro da crise e dos recortes aplicados polo PP”.

Instou ao goberno galego a “emendar un desastre que só evidencia que non saben qué facer co asunto” e ofreceu unha recomendación: “volvan ao sistema de préstamo posto en marcha polo goberno de Fraga e xeneralizado polo de Touriño, que é economicamente eficiente e socialmente rendible”.

O sistema de Feijóo, dixo, “conduce a un fondo malestar na comunidade educativa, realmente cansa e moi enfadada por esta situación, e que agora teñen que afrontar as ocorrencias do presidente da Xunta”.

Custe

Lembrou que mentres o anterior modelo beneficiaba á totalidade dos alumnos e custaba 80 millóns en catro anos, 72 a cargo da Xunta e 8 das familias, o actual deixa tirados a miles de estudantes e custa 200 millóns de euros no mesmo período, 80 á Xunta e 120 ás familias.

O responsable socialista puntualiza que o goberno de Feijóo “fala con demasiada frecuencia da defensa das familias, pero nada mellor para defendelas que ser coherentes e leales con elas, e moito mais se cabe nos momentos actuais”. Por iso reclamoulles que “escoiten máis ao profesorado, ao alumnado e ás familias” e censurou a “soberbia e prepotencia” amosada por un goberno que “quere ter toda a razón”, e nunca escoita a ninguén.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar