A Xunta debe dedicar os orzamentos de 2014 a mellorar o financiamento, combater o desemprego e incrementar a competitividade

A Xunta debe dedicar os orzamentos de 2014 a mellorar o financiamento, combater o desemprego e incrementar a competitividade

A Xunta debe dedicar os orzamentos de 2014 a mellorar o financiamento, combater o desemprego e incrementar a competitividade

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, reclamoulle hoxe ao goberno galego que aplique nos próximos orzamentos galegos as medidas económicas imprescindibles para mellorar o financiamento de familias e empresas, combater o desemprego e incrementar a competitividade económica. Losada presentou na Comisión de Economía unha proposición non de Lei para impulsar estas medidas, que foron rexeitadas polo PP.

 

O responsable socialista lembrou que a política de Feijóo de aplicar “austeridade a calquera prezo” supón “tan só mais recesión e desemprego” continuando co incremento da polarización das rendas e riqueza e provocando o medre da poboación en risco de pobreza e exclusión.

 

Losada sinalou que as políticas do goberno galego provocaron que os salarios baixaran en Galicia un 3,3 por cento, cinco veces mais que no conxunto do Estado, onde os custes laborais reducíronse un 0,7 por cento. Acusou ao goberno galego de provocar unha “devaluación externa” para “competir vía salarios e esquecerse de competir con valor engadido” achegándose “mais a Turquía que a Finlandia”.

 

Advertiu que estas “decisións ideolóxicas” que afectan á política económica van en contra mesmo das recomendacións dos empresarios afíns aos conservadores, que reclaman políticas de acceso ao crédito, estímulos económicos para as empresas e investimento en educación e formación.

 

Iniciativa

 

O responsable socialista presentou hoxe unha proposta cunha batería de iniciativas para aplicar a nivel nacional e autonómico que comprendían o impulso dun programa de consolidación fiscal mais crible que permita o crecemento, mellorar o financiamento de empresas e familias, combater o desemprego masivo e as súas consecuencias sociais e incrementar a competitividade económica.

 

Os socialistas galegos reclaman que o Goberno galego colabore no obxectivo de acadar estabilidade orzamentaria “sen sacrificar o noso estado social nin a capacidade do sector público para dinamizar a economía”.

 

Finalmente, propuxo que o Goberno central promova un pacto de rendas entre patronal e sindicatos que permita a implicación dos partidos políticos con representación parlamentaria e dos gobernos das comunidades autónomas para frear a depreciación salarial, acadando que a moderación en salarios veña acompañada dunha contención dos beneficios empresariais, os prezos e o reforzo da política social.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar