A Xunta debe dedicar a subvención de centros que segregan en comedores escolares e bolsas

A Xunta debe dedicar a subvención de centros que segregan en comedores escolares e bolsas

A Xunta debe dedicar a subvención de centros que segregan en comedores escolares e bolsas

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, reclamoulle hoxe ao goberno galego que destine os 3 millóns de euros que dedica aos 5 centros educativos que segregan por sexo e as partidas de publicidade a pagar os comedores escolares e incrementar a partida de bolsas. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Educación no Pleno do Parlamento sobre o inicio do curso.

 

Docasar acusou ao PP de “seguir implacablemente a súa folla de ruta ideolóxica” utilizando a crise para “poñer en cuestión a viabilidade dos servizos públicos esenciais e entregárllelos a bo prezo á empresa privada” en contra “da sociedade e das resolucións xudiciais”. Neste sentido lembrou a oposición frontal de toda a comunidade educativa en contra da nova Lei educativa e dos recortes do goberno no ensino.

 

Ademais, acusou ao goberno galego de vulnerar a Lei ao retirarlle o comedor escolar gratuíto aos rapaces do rural que necesariamente teñen que desprazarse do seu domicilio e de continuar cos concertos educativos con centros que segregan por sexos vulnerando a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Acusou ao goberno de incumprir unha sentenza xudicial “que non poden ignorar”.

 

Lembrou que os centros teñen a alternativa de integrar aos rapaces e rapazas ou renunciar ao concerto para manter a segregación, que foi subvencionada pola Xunta de Feijóo. Explicou que esta práctica, vixente ata 1970, “non está para nada fundamentada en criterios pedagóxicos, senón en criterios ideolóxicos e de segregación social das mulleres na vida adulta”.

 

Docasar sinalou que estes concertos forman parte, ademais, dun montante total que custará 1.000 millóns de euros de diñeiro público nos próximos catro anos que serán entregados a centros de ensino privados, tal e como publicou o Goberno galego no DOG en plenas vacacións de verán.

 

Falacia

 

Docasar cualificou de “falacia” a “presunta normalidade” que o goberno galego anuncia neste inicio de curso escolar cando ademais da retirada dos comedores e de subvencionar a centros segregadores, teñen á comunidade educativa “en pé de guerra” en contra da Lei de educación, “reducen as bolsas para disuadir aos mais humildes de estudar” e as anpas teñen que organizar bancos de libros para os rapaces mais desfavorecidos.

 

Dixo que “non se defende ás familias poñendo repagos nos comedores”, nos que se está a notar unha baixada no número de comensais, quitando as bolsas impedindo que os fillos e fillas poidan estudar nunha política “cruel, elitista e clasista”, convertendo en emigrantes aos rapaces, obrigando a pagar tratamentos de enfermidades moi graves, aplicando unha reforma laboral que facilita os despedimentos.

 

Criticou ademais que o goberno galego está a agochar os datos da redución de profesores neste curso, xa que mentres si se coñece que hai 17.350 alumnos mais, a Xunta non explica si as prazas de profesores que se reduciron son 1.200, 2.500 ou mesmo 3.900, como apuntan as diferentes fontes.

 

Docasar rematou a súa intervención amosando a solidariedade dos socialistas galegos co colectivo “Carta pola Ciencia”, e secundou as súas reivindicacións para recuperar os niveis de financiamento do I+D de 2009, a eliminación os límites da reposición de empregados públicos neste sector, a dotación de recursos para manter o Plan Estatal de Investigación 2013-2016, e a creación da Axencia Estatal de Investigación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar