A Xunta debe de investigar as irregularidades nos procesos de adopción de menores en Galicia

A Xunta debe de investigar as irregularidades nos procesos de adopción de menores en Galicia

A Xunta debe de investigar as irregularidades nos procesos de adopción de menores en Galicia

A viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, Carmen Gallego, anunciou que se presentará unha batería de iniciativas para instar á Xunta que esclareza “diante da opinión pública, todos aqueles episodios pouco claros sobre os casos de adopcións e a súa tramitación na nosa CCAA.”

 

Os socialistas esixen que a Conselleira de Traballo e Benestar salga a aclarar os procedementos que está a utilizar a Xunta para tramitar as adopcións en Galicia, as administracións que interveñen, e os departamentos que son partícipes, debido ao escándalo sobre supostas adopcións irregulares que saiu á luz nos últimos días e que culpa presuntamente a funcionarios públicos do Servizo de Menores da Xunta en Lugo de “apartar a nenos e nenas para dalos en adopción” basándose en informes subxectivos ou non existentes.

 

Gallego insiste en que se definan os criterios utilizados ou as instruccións recibidas polas persoas encargadas da tramitación de estas adopcións, debido á denuncia conxunta de algúns abogados sobre varios casos de familias afectadas, ante o Xulgado de Instrucción número 2 de Lugo, que inculparía a estos empleados públicos.

 

Ademáis, dende o PSdeG, vése necesario que a Consellería facilite a información coa que conta sobre este caso e que describa “qué actuacións levou a cabo a Xunta de Galicia ante estas supostas irregularidades e se está persoada nas actuacións xudiciais que se están comezando a producir.”

 

Carmen Gallego solicita que den a coñecer os métodos de depuración de responsabilidades que “se deberían de estar poñendo en marcha” debido aos posibles delitos de prevaricación, falsedad documental e desobediencia grave á autoridade por parte de funcionarios públicos, e de non habelos, que se execute “coa maior brevidade posible” unha investigación interna.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar