A Xunta debe dar conta da suba da peaxe na AP-9

A Xunta debe dar conta da suba da peaxe na AP-9

A Xunta debe dar conta da suba da peaxe na AP-9

O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal, solicitou hoxe a comparecencia do conselleiro de Infraestruturas para dar conta da supresión da subvención a Audasa que ven de provocar a suba da peaxe na autoestrada do Atlántico. Considera “indecente” que a Xunta “trate de escusar a súa falla de competencia votando balóns fora”.

 

López Vidal lembra que o incremento das peaxes nesta autoestrada, que constitúe a “columna vertebral da comunicación do noso país”, é responsabilidade do “goberno amigo de Madrid, de Rajoy e Ana Pastor, mentres Feijóo e o conselleiro Hernández actúan como aplaudidores”.

 

Replícalle ao presidente da Xunta e ao conselleiro que a suba das peaxes deriva dun Goberno que “optou por suprimir unha subvención de sete millóns de euros dos presupostos xerais, e agora esa rebaixa é o incremento que están a padecer cada día os usuarios desta vía de comunicación”. Considera “demasiado descarado e mesmo indecente” que tenten desviar a responsabilidade da súa propia decisión”.

 

Rande – Barcala

 

O responsable socialista considera tamén “alarmante” que o conselleiro de Infraestruturas poña en cuestión a continuidade do levantamento da peaxe de Rande – Barcala, que “foi un logro de país acadado na pasada lexislatura por un goberno socialista e que agora o PP estase replantexando desbotar, para que sexan os usuarios unha vez mais os que teñan que afrontar o incremento das tarifas”.

 

Sinalou que “xa está ben de enganar e confundir e de non asumir as responsabilidades que corresponden”. Criticou que Feijóo se teña demostrado “incapaz de ter peso en Madrid e conseguir o equilibro na concesión da autopista Atlántico”.

 

Criticou tamén que se teña demostrado “incapaz de soster os pagos comprometidos para minorar os prexuízos ocasionados no seu día por unha decisión errada doutro goberno PP que vendeu a prezo de saldo a xoia da coroa das comunicacións do noso país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar